A EXPOSICIÓN "ESPACIOS NA MEMORIA", DO PINTOR CAINO VASCONCELLOS: UNHA OPORTUNIDADE PARA APRECIA-LA ARTE
Pódese visitar ata o vindeiro día 18 de outubro no Salón dos Espellos do Colexio PP. Somascos
Nestes días de outono, a vila de A Guarda acolle unha importante exposición de pintura do artista Caino Vasconcellos. A mostra, que pode visitarse ata o vindeiro día 18 deste mes, no Salón dos Espellos do Colexio PP. Somascos - acceso pola Rúa Vicente Sobrino -, e un agasallo sensorial e visual para aquelas persoas as que lle gusta á Arte.
Nesta exposición de Caino, feita posíbel grazas a magnífica colaboura da comunidade somasca, que acolleu coa mellor disposición á proposta do escritor e poeta Francisco Álvarez Álvarez (Koki), amigo do artista miñorán e organizador da mostra; o pintor de Baiona presenta unha escolma da súa máis recente producción artística. Alí están os picariños, de expresivas facianas, as mulleres da Ribeira, a beleza da anatomía humana, mariñas, feiras tradicionais,..., e todo elo co cromatismo e as texturas, tan características deste pintor.
Pola acreditada traxectoria artística de Caino Vasconcellos, podemos afirmar que a exposición "Espacios na memoria", e unha magnífica oportunidade para disfroitar coa labor de un autor volcado totalmente na creación pictórica e con unha crecente proxección.
A exposición pode visitarse os días laborales en horario de 18:00 á 21:00 horas, e os domingos de 12:00 á 14:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario