AS MARCAS DOS MARIÑEIROS DE A GUARDA MOTIVA O INTERESE DA ASOCIACIÓN GALEGA DE DISEÑADORES
O vindeiro día 18 deste mes farán unha visita o local de ANABAM, onde Antón Ferreira Lorenzo impartirá unha conferencia
Programa das actividades previstas pola Asociación Galega de Diseñadores na súa visita a A Guarda
Asociación Naturalista Baixo Miño / A Guarda
O sábado 18 de outubro, o local de ANABAM recibirá a visita da Asociación Galega de Diseñadores, que se despraza dende A Coruña, xa que están interesados en coñecer máis polo miúdo todo o relacionado coas marcas dos mariñeiros da Guarda. Ademais de poder observar as diferentes pezas orixinais que conservamos coas marcas, se lles dará unha charla sobre as mesmas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario