O GRUPO MUNICIPAL VEN DE PRESENTAR ALEGACIÓNS O PROXECTO DE AMPLIACIÓN DO CIMITERIO DE SALCIDOS
ALEGACION
O PROXECTO DA AMPLIACION DO CIMITERIO PARROQUIAL DE SALCIDOS
Quen abaixo suscribe, Xosé María Martínez Rodríguez, Representante Local de
Converxencia Galega, habendo sido informado de diversos aspectos do proxecto da AMPLIACION DO CIMITERIO PARROQUIAL DE
SALCIDOS, en tempo e forma, ven a presentar a seguinte ALEGACION sobre o
proxecto referenciado anteriormente en base o INFORME XEOLOXICO elaborado pola
Sra. Ana B. Serrano Díaz del Río, que na súa páxina 14 manifesta o seguinte:
“Se trata de un
acuífero que presenta una porosidad intergranular y una PERMEABILIDAD MUY
ALTA”
O citado acuífero Hidro-Xeolóxico
denominado “ALUVIAL DO BAIXO MIÑO”
e o mesmo do cal o Concello de A Guarda capta a auga para o comsuno humán.
No citado informe a xeóloga que o
redacta dí que a construcción en nichos non se vai ver afectada polas fluctuacións
de niveis freáticos. Dende este Grupo Político, consideramos que o tema máis
importante non é estudiado nin se fai referencia a él: ¿Hai algunha garantía que os
restos biolóxicos e inorgánicos non se filtren o acuífero “aluvial do Baixo
Miño” do cal capta as augas o Concello de A Guarda para suministro humán?
Esta é a cuestión máis importante
que non trata o Informe Xeolóxico, neste tema de Sanidade Mortuoria, debemos
velar que dita actividade (a ampliación do cimiterio parroquial de Salcidos) non
repercuta na seguridade e saúde da poboación que vive na citada parroquia.
Asímesmo o Informe Xeolóxico
debería estudar un tema que non é sinalado no mesmo. O actual Cimiterio
Parroquial de Salcidos está situado a moi escasa altura sobre o nivel do mar,
nunha zoa inundable por efecto das mareas ou das crecidas do río.
Dado que moitos expertos xeólogos,
climatólogos, etc...alertan co cambio climático a elevación do nivel do mar
para os vindeiros anos, no citado Estudio Xeolóxico debería estudarse e reflexarse este aspecto, así como
a viabilidade temporal desta instalación mortuoria. ¿Cantos anos será operativa
denantes de ser afectada pola crecida do nivel do mar, riadas, incremento do
caudal do Miño?
Polo anteriormente exposto,
SOLICITAMOS:
a).- Elaboración
dún Informe Xeolóxico centrado nas
posibles incidencias desta actividade mortuoria sobre as posibles filtracións
de restos que poidesen contamina-lo “Acuifero Aluvial do Baixo Miño”
b).- Que no novo Estudio Xeolóxico contemple un apartado sobre futuras
incidencias da crecida do nivel do mar, erosión do mesmo na zona aluvial,
crecidas do río Miño, etc.
c).- Tendo
en conta os acontecementos descritos anteriormente, ¿Que viabilidade futura se
dan a esta instalación mortuoria?
Xosé María Martínez Rodríguez
Portavoz Local de Converxencia Galega
ALEGACION: ELIMINACION DE RESTOS MORTUORIOS
O Decreto 134/1998 da Xunta de Galicia sobre Policía Mortuoria no séu
Artigo 48.3, expresa a necesidade de que todo Cimiterio (confesional ou non)
dispoña dún sistema adecuado para a eliminación de roupas, madeiras e outros
tipos de restos procedentes do uso mortuorio.
O
actual Cimiterio Parroquial de Salcidos carece deste sistema, polo que
entendemos que no proxecto de ampliación debería ser subsanada esta
deficiencia, para así adaptarse a legalidade vixente, pero o elaborado proxecto
presentado pola Sra. María del Carmen Baz Pacheco, non contempla, ou alomenos
non aparece reflexado esa ubicación, ou o que é o mesmo, non da solución a esta
carencia.
Por
todo o exposto, dende Converxencia Galega, vimos a presentar a seguinte
ALEGACION: O Proxecto de Ampliación do Cimiterio Parroquial de Salcidos, deberá
contemplar a INSTALACION DUN SISTEMA DE ELIMINACION DE RESIDUOS MORTUORIOS,
como sinala o Artigo 48.3 do Decreto 134/1998 da Xunta de Galicia.
A Guarda, a 02
de Octubro do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr.
Alcalde-Presidente
CONCELLO
DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario