NON HABERÍA BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS SE ALGÚNS POLÍTICOS QUIXERAN
Na imaxe podemos ollar a barreira arquitectónica existente na Rúa Colón, comunicada coa Rúa Baixo Muro, a traverso de varios chanzos de escaleira, impracticable para unha persoa de mobilidade reducida, que se veña obrigada a desprazarse en cadeira de rodas - Fotos: José Carlos Castro Martínez
Infogauda / A Guarda
"Xa sei que é outra fantasía máis, pero, se os bares poden montar as súas (as veces) aparatosas terrazas en plena rúa de xeito provisional, por qué non suprimir barreiras alí onde as necesidades provisionais o demandan? Sempre respectando o patrimonio e utilizando materiais axeitados, claro", ven de afirmar nunha rede social o arquitecto técnico José Carlos Castro Martínez.
Pola nosa parte, consideramos que algúns políticos - non temos datos para afirmar que sexan á maioría -, acostuman estar máis preocupados do "pesebre", teña o formato que sexa, que da problemática, que como neste caso, sofren na súa própia pel, os membros dunha familia modesta veciños da Rúa Baixo Muro.
A proposta que ven de presentar José Carlos Castro Martínez, e unha solución de custe asumíbel para calquer concello, e no caso de A Guarda, bastante máis asumíbel que o desembolso que supoñen para a facenda municipal, ás retribucións de algúns persoeiros públicos. E ademáis, a devandita solución para a supresión da innegable barreira arquitectónica non atenta contra o Patrimonio. Suxírolles a algúns "ilustres" fillos da patria, que visiten algúns lugares que forman do Patrimonio Histórico Artístico do Estado español e do veciño Portugal, para decatarse da accesibilidade que teñen e como se solucionaron as barreiras anteriormente existentes neses sitios.
No Concello de A Guarda, algúns "actúan" con presunto revanchismo. E iso nin é bon para eles mesmos nin moito menos para os cidadans que o sofren, que son precisamente os que se negan a claudicar diante de algúns políticos locais.


Ningún comentario:
Publicar un comentario