1 de set. de 2014

VIGO

CULTURA

PABLO MARTÍNEZ CADILLA (CADILLA) EXPÓN NOVAMENTE NA CIDADE OLÍVICA

Do 1 o 30 de setembro no Café Uf (Rúa Pracer, 19), de Vigo



Ricardo Rodríguez Vicente / Vigo


 O pintor Pablo Martínez Cadilla - Cadilla no ámeto artístico -, volta a expoñer súa obra máis recente, e faino de novo, no Café Uf (Rúa Pracer, 19), de Vigo.  Dese xeito materializa seu afán de continuar con seu persoal proxecto que desde fai anos leva dando forma, tendo á pintura artística como medio de expresión. 

 Aparte do apoio necesario para amosar súa obra,  Cadilla atopa no Café Uf un lugar moi interesante, pola súa traxectoria cultural, alonxado de modas pasaxeiras e sempre disposto a abrirlle unha porta o pintor, músico, poeta,... Como contrapartida, este tipo de locais alternativos goza de un público fiel, que atopa no Café Uf un auténtico oasis a un paso do centro urbán. 

 Como pintor, Cadilla ven desenvolvendo unha labor creativa na que os protagonistas están sendo varias persoas do pobo de A Guarda, como Alicia Alonso, Julia Vaquero,..., entre outras. Asemade continúa traballando de xeito continuado no tempo, en obras de variada temática, sendo precisamente ese tipo de cadros os que amosa nesta nova exposición no  Café Uf, onde á vida gózase tanto no seu interior como na súa suxerente terraza, onde á Natureza está moi presente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario