A DEPUTACIÓN INVISTE MÁIS DE 100.000 EUROS NA REPARACIÓN DO PASEO FLUVIAL
DE TUI
Renovarase o entaboado do paseo, actualmente moi deteriorado polo uso e o paso do tempo
Infogauda / Tui
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou,
na súa reunión desta mañá, conceder unha subvención de 100.183,62 euros ao
Concello de Tui para a reparación do
Paseo Fluvial, que actualmente se atopa moi deteriorado.
A achega forma parte do Plan Urxente de Mantemento de
Servizos e Infraestruturas Municipais e permitirá acondicionar este espazo para
que poida seguir sendo usado con seguridade e comodidade polos numerosos
veciños e visitantes que por el transitan.
Os traballos suporán levantar todo o entarimado, reparar
as pezas en mellor estado e volver a colocalas, substituíndo as que non poidan
ser reutilizables por outras novas. Ademais, tamén se reforzará a estrutura que
sostén o entaboado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario