24 de set. de 2014

O ROSAL

AXUDAS ECONÓMICAS PARA CULTIVOS BAIXO ABRIGO   

 AEDL Concello do Rosal 

 A Deputación de Pontevedra convoca no BOP de 18 de setembro axudas destinadas a fomentar e impulsar a actividade agraria hortícola baixo cuberta.   

 Poderán ser beneficiarios destas axudas os horticultores da Provincia de Pontevedra, ben a título individual ou como sociendade (cooperativa, SAT ou outra).

 A actividade hortícola baixo cuberta debe ter unha superficie mínima de 500m2.   As axudas destinaranse á adquisición, reposición e colocación dos plásticos da cuberta que debido a condicións climáticas adversas, a pequenos accidentes dentro do invernadoiro ou ao paso do tempo se deterioran ou rompen.   

 A axuda solicitada poderá ser do 50% do custo e por unha contía máxima de 3000€.   

 O prazo de solicitude é ata o 18 de outubro.   

 Para máis información e solicitudes acudir á Oficina de Desenvolvemento Local do Concello.      

Ningún comentario:

Publicar un comentario