24 de set. de 2014

CHAÍN (GONDOMAR)

HOMENAXE VECIÑAL Á MEMORIA DE JAVIER ALONSO SALGUEIRO

Instituto de Estudos Miñoranos / Gondomar

 “Sito”, “O Roxo de Regodagua”,O Rubio de Barreras”, “O Mozo da Bandeira”, calquera destes alcumes se refiren á mesma persoa, Javier Alonso Salgueiro, Fillo predilecto de Gondomar. Sindicalista e militante político, foi destacado concelleiro en Gondomar a través de tres plataformas veciñais que el organizou. Impulsor do asociacionismo na súa parroquia e loitador social infatigable quere a súa memoria ser lembrada polos veciños da parroquia deChaín (Gondomar) no 25 cabodano do seu tráxico falecemento.




 Do sábado 27 de setembro ao domingo 5 de outubro o Centro Cultural de Chaín albergará unha exposición - homenaxe, durante a cal desenvolveranse diversas actividades culturais.

Inauguración 

 A xornada inaugural da exposición-homenaxe será o sábado 27 de setembro. Tendo inicio  ás 20 horas cunha mesa redonda sobre a figura de Javier Alonso. A continuación actuará a Coral do Centro Cultural A Merced de Chaín, para finalmente dar por oficialmente inaugurada a mostra, composta por carteis informativos sobre a vida e obra de Javier Alonso Salgueiro. Mostra que estará aberta ao público durante toda a quincena , en horario de 19 a 21 horas.

 Presentación do libro 

 O domingo 5 de outubro ás 12 horas, se presentará o libro Javier Alonso Salgueiro. O mozo da bandeira. Obra que afonda na súa vida, coordinada por Carlos Méixome, editada polo Instituto de Estudos Miñoranos e financiada polo Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra. No acto participarán distintas persoas que no seu día estiveron relacionadas co homenaxeado. A xornada rematará co descubrimento dunha placa conmemorativa na súa memoria e actuación do Grupo de Gaitas.  

 A comisión organizadora convida á veciñanza da bisbarra a participar  dos actos públicos e abertos programados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario