¡¡NOVO VERTEDOIRO NO CENTRO DO POBO!!
Fotografías: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda
Cada vez que un conductor/a aparca na Finca de Fínola, é un bó candidato/a para “coleccionar” unha boa camada de pulgas ou carrachos dada a cantidade de porquería de todo tipo que se pode encontrar neste espacio “adaptado” a zona de aparcadoiro polo Concello con permiso dos propietarios.
Un pequeno “paseo” por estas instalacións, podemos observar a cantidade de basura que está tirada dende o remate das Festas do Monte, entre elas, restos de comida e instrumentos variados de cociña.
Nalgunhas esquinas e “contra a parede” se pode contemplar, “diversas deposicións animais e humanas” que adornan o lugar, e fan xogo cas instalacións municipais máis próximas como a Alameda do Século XXI.
As herbas crecen a tapando as distintas “trampas” existentes no lugar, polo que favorecen que a saída, calquer despistado se leve consigo restos “perfumados” unha boa camada de “voadores” ou poida torcer un nocelo por caer ou tropezar nalgún oco dos moitos que existen en todo o espacio.
Os muros de peche, especialmente o que da cara a rúa Coruña, fai bastante tempo que desapareceu, e os restos que quedan, máis parecen os xardíns colgantes de Babilonia, que poderían servir para desenrrolar unha campaña de atracción turística, senon fora polos comentarios negativos que fan oriundos e foráneos que usan ese ¿¿”aparcamento”.
Tamén se podería levar a cabo unha ruta “turística” para contemplar a cantidade de vidro, plástico e “gomas” esparcidas polo lugar, que seguramente axudaría a incrementar o número que “admiradores” que nos visitaran.
Xa fai moito tempo, falamos dende Converxencia Galega do risco e da perigosidade da balaustrada que da rúa Rosalía de Castro e que en calquer momento se pode vir abaixo, provocando algún problema grave, non só para as persoas que por alí pasan, especialmente os sábados no mercadillo, senón o resto da semana a cantidade de vehículos que circulan pola zona. Esperemos que a empresa propietaria dos terreos ou o Concello teñan unha boa póliza de seguros si acontece calquer desgracia, provocada pola deixadez e desidia de quenes cobran por gobernar a nosa localidade.
A Guarda, a 06 de setembro do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez, “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario