1 de set. de 2014

A GUARDA

ATLETISMO

JAVIER SIERPES SILVA, VENCEDOR ABSOLUTO DAS CARREIRAS PEDESTRES VIRXE DA GUÍA

A atleta guardesa Rocío Rodríguez Martínez foi a primeira fémina clasificada

Javier Sierpes Silva no alto do podio co Trofeo que lle acredita como Gañador Absoluto das Carreiras Pedestres Virxe da Guía, 2014 - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente

Rocío Rodríguez Martínez,co trofeo correspondente á primeira fémina que entrou en liña de meta - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A partires das 19:00 h., do domingo día 31 de agosto, deron comezo ás diferentes probas correspondentes ás Carreiras Pedestres Virxe da Guía, organizadas pola Comisión de Festas de Ribadavila, coa colaboura de efectivos da Policía Local de A Guarda e voluntarios que contribuiron o normal desenvolvemento do evento deportivo que foi seguido de preto por un importante número de persoas en diversos lugares dese barrio guardés.

 A falla das clasificacións por categorías, que polo de agora aínda non nos foron facilitadas, queremos salientar que o vencedor absoluto desta edición foi Javier Sierpes Silva, deportista da Sociedade Atlética do Trega, de A Guarda. 

 Asemade, a primeira fémina que logrou pasar á liña de meta, foi a atleta guardesa Rocío Rodríguez Martínez, da Sociedade Atlética Val Miñor.

  Cabe salientar o grato ambente de camaradería e deportividade, tanto no decurso das diferentes carreiras, como no intre das chegadas á liña de meta - onde cada participante foi agasallado con unha medalla de participación - e na entrega dos trofeos, onde ademáis dos premios os tres primeiros clasificados de cada categoría, tamén recibiron cadanseu trofeo e estuche de viño do Rosal, os gañadores absolutos da proba Javier Sierpes e Rocío Rodríguez. 

  Jesús Bernal López, dirixíndose o público, logo de recibir seu trofeo e o agasallo, de máns de José Elías Rebollar Vega, presidente da Comisión de Festas Virxe da Guía - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente

 E por último, por ser o atleta de máis edade, o popular Jesús Bernal López, de O Ferrol, tamén recibiría o correspondente trofeo e o agasallo en especie igoal que os vencedores absolutos. E por suposto, correspondendo a súa deportividade e simpatía, os aplausos do respetable público que se atopaba na Praza da Guía, logo de escoitar súas verbas de agradecemento pola acollida que un ano máis lle foi dispensada pola Comisión de Festas da Virxe da Guía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario