5 de ago. de 2014

A GUARDA

INVASION DE MALEZA



  A pouca distancia do Concello, e por unha das rúas nas que tanto o Sr. Freitas,  como os membros do séu equipo de ¿¿goberno municipal?? transitan a diario, podemos observar como unha vivenda propiedade dunha fundación da que forma parte o Sr. Alcalde, non só está amenazando ruina, senón que a invasión de silveiros hacia a rúa, e outras herbas, cada vez é máis significativo, sin que eles “aparentemente” se enteiren de nada.


  Non é de recibo, que namentras dende o Concello se están enviando notificacións os veciños/as para que cumplindo ca Lei, procedan a manter limpos os seus matos e leiras, e logo, a veira da Casa Grande, se encontren espectáculos como éste, especialmente nún pobo do que as nosas autoridades se lles enche a boca de ser Destino Edén, Bandeira Azul, Excelencia Turística, etc, e logo presenten tarxetas como as que reflexamos nestas fotografías.

  Isto a menos de 100 metros do Concello, é un fiel reflexo do estado de deixadez e abandono a que teñen sometido este pobo dende que se esgotou o proxecto e a ilusión por facer cousas para que realmente A Guarda sexa un referente turístico.

  Dende Converxencia Galega, vimos a solicitar que o Concelleiro liberado de Vías e Obras,  en vez de gastar gasolina e rodas, dedique un pouco de tempo máis o noso pobo, e imparta as órdenes oportunas a fin de que se proceda a eliminar esta imaxe que afea o noso pobo.

A Guarda, a 24 de xullo do 2.014

Xosé María Martínez Rodríguez
      Responsable Local de Converxencia Galega    

Sr. Alcalde-Presidente 
Sr. Concelleiro de Vías e Obras 
A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario