CULTURA
O PORTO DE A GUARDA, PRIMEIRA SINGRADURA DA EXPOSICIÓN "O MAR NO MUNDO DE ELISEO ALONSO"
O PORTO DE A GUARDA, PRIMEIRA SINGRADURA DA EXPOSICIÓN "O MAR NO MUNDO DE ELISEO ALONSO"
A mostra poderá visitarse do 14 ao 31 de agosto de 2014, no antigo local de "Efectos Navales Guadalupe"
Retrato de Eliseo Alonso, por Xavier Pousa (1974)
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
O agarimo e a saudosa lembranza de gratitude, que moitas persoas sinten polo escritor, etnógrafo, poeta e xornalista Eliseo Alonso Rodríguez (Goián, 1 de marzo de 1924 - La Habana, 18 de novembro de 1996), motivan unha exposición na súa memoria, que leva por título "O Mar no Mundo de Eliseo Alonso". Os artífices dese destacado evento cultural son a familia do eminente goianés, representada pola súa filla Alicia María Alonso Rivas e o investigador guardés, Antonio Martínez Vicente.
A mostra "O Mar no Mundo de Eliseo Alonso" será inaugurada o vindeiro xoves día 14 de agosto, ás 20:00 horas, no antigo local de "Efectos Navales Guadalupe", na Rúa do Porto (A Guarda).
Na apertura da exposición participarán: Antonio Martínez Vicente, Alicia María Alonso Rivas, Francisco Álvarez - Koki, José Manuel Domínguez Freitas (Alcalde de A Guarda) e Ricardo Rodríguez Vicente.
A mostra consta de 25 paneis cos seguintes temas: O Barrio Mariñeiro de A Guarda; A gamela guardesa; As gamelas (Oia, Coruxo, Cangas, Baiona, portuguesas e de río); Alcumes nas comunidades de A Guarda e Baiona; As atadeiras na Guarda; Publicacións de Eliseo Alonso: "Tiempo y Camino" (Poesía); "Cantos de Cotovía" (Poesía); Anotacions manuscritas (varios paneis); Eliseo Alonso en América do Sur (Varios paneis), Pintor Antonio Fernández; Antonio Campos Vázquez (Poesía); "Relatos de la Mar"; "Hemisferio Austral"; "Seara de romances" (Poesía); Artigos de Eliseo Alonso, sobre temas do mar, publicados en prensa (varios paneis).
"O Mar no Mundo de Eliseo Alonso" poderá visitarse de 17:00 á 20:00 horas e os domingos e festivos de 12:00 á 14:00 e de 17:00 á 20:00 horas.
En decraracións a este xornal dixital, Alicia María Alonso Rivas afirmou que polas súas características e sobor de todo polo seu contido, está previsto que máis adiante, a exposición "O Mar no Mundo de Eliseo Alonso", tamén poida amosarse noutras poboacións.
Desde Infogauda saudamos que por vontade dos organizadores, "O Mar no Mundo de Eliseo Alonso" arribase na súa primeira singradura o porto de A Guarda, pois foi eiquí onde tantas veces, o inesquencible escritor goianés, membro correspondente da Real Academia Galega, soubo comunicarse cos mariñeiros guardeses. E sobor de todo, tivo bo ouvido e áxil caligrafía para recoller todo un mundo de coñecementos que os pescadores foron adquirindo o longo de milenios, e que él nos legou nas súas obras "Gamelas y Marineros" e "Pescadores del río Miño - Tramo gallego - portugués" - verdadeiros tratados sobre á actividade pesqueira na nosa comarca - entre outros traballos de investigación etnográfica da súa autoría.

Ningún comentario:
Publicar un comentario