2 de ago. de 2014

A CRUZADA (A GUARDA)

¡¡Destrozos na baixada de San Queitano!!

Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de A Guarda


  Fai poucas datas, podemos contemplar, como un vehículo pesado que non foi capaz de estabilizarse na subida de San Queitano, levouse por diante un pequeno muro dunha propiedade privada, situación que non foi a maiores dado o bó entendemento entre as dúas partes, pero que volve a poñer o día, a dificultade en xeral que representa a saída dese lugar, dada a falta de visibilidade que se dá nese lugar, e que non se resolve solamente ca instalación de un espello, senón cún plan xeral de circulación nesa zona, escomenzado polo acceso da Fonte da Cal.


  O que estamos plantexando eiquí, foi presentado por escrito e levado a pleno en varias ocasións por parte de Converxencia Galega, sin que fora posible darlle unha solución diante da negativa dalgún partido desaparecido da oposición, nin polo Equipo de Goberno do PSOE encabezado polo Sr. Freitas, e moito menos entendido polo Concelleiro Liberado de Tráfico, que a día de hoxe, -ainda ca axuda e planificación do iluminado dos autobuses- foi capaz de arranxar ningún dos moitos problemas de tráfico que ten o noso pobo, e xunto co “xefe dos seus acólitos”, viu a complicar máis a circulación, tanto na Plazoleta de Avelino Vicente, ou ca solución caótica do novo semáforo na entrada o noso pobo.


  Nesta ocasión, a solución e arranxo foi pacífica e rápida polas dúas partes, polo que o problema foi mínimo, pero –posiblemente- noutra ocasión que aconteza en calquer momento, non teña tan bó resultado e se complique por e remate de mala maneira, tendo que logo pagalas consecuencia.


  Por todo elo, dende Converxencia Galega, vimos a solicitar tanto do Sr. Alcalde, do Concelleiro de Vías e Obras, como do de Tráfico, que deixen os paseos nos vehículos oficiais, e den unha solución o grave problema do tráfico na localidade, que se complica ainda moito máis nestas datas de verán.

A Guarda, a 25 de xullo do 2.014

Xosé María Martínez Rodríguez 
Responsable Local de Converxencia Galega

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario