Campus de Tecnificación Joe Arlauckas C.B. Tui 2014
Club Baloncesto Tui
O Club Baloncesto Tui vai celebrar na vindeira semana, do 21 o 26 de xullo, o Campus de Tecnificación JOE ARLAUCKAS C.B. TUI 2014, enfocado a xogadores de basket maiores de quince anos na procura de mellorar o seu rendimento deportivo.
O Campus estará dirixido polo ex xogador da NBA e do Real Madrid Joe Arlauckas, que xunto a un equipo técnico de adestradores superiores e da fisioterapeuta Marta Zurro adestrarán a 51 xogadores procedentes das canteiras de equipos ACB e ADECCO, algúns dos cales xa debutaron na Liga Endesa esta tempada.
Con sesións de adestramento de mañá e de tarde, tanto colectivos como individuais, práctica de tiro, defensa, mellora do xogo de costas ao aro, etc..
O Campus tamén se complementará con unha charla sobre nutrición, outra de psicoloxía deportiva e un encontro con dous axentes profesionais de xogadores.
Director do Campus
En 1996 firmou un partido, contra o Buckler de Bolonia, de auténtica lenda anotando 63 puntos con 24/28 en tiros de dous e 15/18 en tiros libres.
Unha Euroliga, unha Liga ACB, unha Recopa e unha Copa de Italia avalan a súa historia.
Equipo Técnico
José Miguel González, adestrador Superior de Baloncesto, ex adestrador da
Selección Galega Cadete.
Miguel Ángel Simón, adestrador Superior de Baloncesto e director deportivo
do C.B. Tui.
Iurgi Caminos, adestrador do
AraberriBasket Club.
Rubén López, ex xogador ADECCO ORO, adestrador Superior
de Baloncesto.
Fj Martín, ex xogadore ACB e ADECCO ORO, adestrador Superior
de Baloncesto.
Marta Zurro, 55 veces internacional coa Selección Española
fisioterapeuta da
Selección Absoluta de Angola e fisioterapeuta da
Selección de Castela e León.
Xogadores Inscritos
Campus cerrado a 51 xogadores,
chegados de toda a xeografia española e das canteiras de clubs de
Liga ACB e ADECCO, non abrindo este ano o período de inscriciónsxa que
se ocuparon as prazas con antelación, o que nos fai valorar un posible
aumento de prazas para a vindeira edición dada a acollida que está tendo o
Campus, fruto do traballo serio e riguroso do staff técnico.
Entre outros, estes son parte
dos inscritos nesta edición:
José María González «Chema», xogador do Fuenlabrada que debutou este ano en Liga ACB
contra o Real Madrid e conseguindo ante Dorsey o
mellor tapón do ano.
Guillermo Mulero, xogador júnior do Real Madrid, logrando este ano o Campionato de
España Júnior.
UnaiMendicote, xogador cadete do CAI
Zaragoza e xogador da Selección
Española U15.
Pablo Villarejo, ex xogador de Cajasol e actualmente no Grupo Inec Queso
Zamorano.
Jon ÁnderAramburo, xogador do Fundación Fuenlabrada.
Adrián Méndez, ex xogador do UCAM Murcia e actualmente no Grupo Eulen
Carrefour El Bulevar de Ávila.
Chris Iza, ex xogador do Cajasol e xogandonaactualidade no Grupo Inec Queso Zamorano
Javi de Pinto, xogador do Fundación Fuenlabrada.
Santi Villena, xogador do Ereda Real CanoeNc, integrante da
Selección Española Sub18.
Sebas Mbansogo, xogador do Fundación Fuenlabrada. Medalla de Ouro coa Selección
Madrileña Cadete.
Xavi Hernández, ex xogador do Universitat de Vic, actualmente xogador de
El Olivar.
MattJhonson, ex xogador do Columbia
University, actualmente Xogador do Club Baloncesto
Zamora.
Actividades Complementarias
Como tódolos anos
complementaremos os adestramentos con concursos de tiros
libres, de mates, de tiros a media distancia, etc así como tamén disputando unha liguilla
diaria interna.
Ademais
ofreceremos unha charla sobre nutrición,
outra de psicoloxía deportiva e un encontro con dousaxentesprofesionais de
xogadores de contrastado prestixio.
Como actividades de
lecer haberá un paseo en catamarán, un descenso en rafting polo río Miño e unha
visita guiada polo casco vello de Tui.
Este ano, como
novidade, e para implicar a cidadanía tudense no Campus teremos unha
charla-coloquio abertaao público en xeral, sobre Deporte:
¿profesión? ¿hobby? ¿negocio?, moderada por Justi Peixoto, director
do programa deportivo Escoita Deporte da RMT, será na sala Félix Rodríguez da
Área Panorámica de Tui o mércores 23 de xullloás 20:30h.
Iván Alonso, tres veces campión do Mundo de Maratón en piragüismo e tres veces campión
de Europa de Maratón en piragüismo.
Manu Garrido, sub campión de Europa de Maratón en piragüismo e tres veces campión do
Mundo de Maratón Sub 23 en piragüismo.
Gustavo Rodríguez, 6 anos ciclista profesional e campión de España de Triatlón en
media distancia en 2013 e 2014, xunto a Marta
Zurro, Fj Martín e JoeArlauckas
629 802 996 (Sindo Bargiela)
690 980 010 (Ismael Rodríguez)

Ningún comentario:
Publicar un comentario