II CONCURSO XÓVENES INTÉRPRETES "ANTONIO GRANJA"
Sábado 5 de xullo, a partires das 17:00 horas, no Auditorio do Rosal
Agrupación Musical do Rosal
Este sábado 5 de xullo a partires das 17,00 h. terá lugar no Auditorio do Rosal a 2ª edición do Concurso de Xóvenes Intérpretes "Antonio Granja", que pretende ser unha motivación para o estudio dos alumnos da escola de música e músicos da banda da Agrupación Musical do Rosal.
O concurso leva o nome de Antonio Granja en agradecemento a súa inestimable dedicación a Agrupación Musical do Rosal dende a súa creación, sendo sempre a canteira a súa prioridade.
Nesta edición participarán un total de 25 alumnos con idades comprendidas entre os 10 e os 17 anos, nas modalidades individual, dúo ou quinteto.
O xurado estará composto por tres músicos do panorama galego, como son Mª Pili Simeó, Esteban Quintas e Avelino Ferreira.
Os premios para o primeiro posto de cada categoría consisten en vales de compra en material musical e están patrocinados pola casa de música Ópera Prima, de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario