30 de xul. de 2014

O ROSAL

O BNG SOLICITA A PROTECCIÓN DAS MURALLAS PRESUNTAMENTE MEDIEVAIS ACHADAS NO LUGAR DO CABEZO – CAMPO DO COUTO

Vista parcial da muralla do Cabezo-Campo do Couto
Reportaxe fotográfica: BNG / O Rosal


Infogauda / O Rosal

 O Bloque Nacionalista Galego do Rosal presentou unha moción no concello, co fin de que se adopten medidas de protección as murallas que, presuntamente medievais, foron achadas no lugar do Cabezo, no Campo do Couto.


 Os nacionalistas din que tiveron coñecemento que no monte do Campo do Couto, no lugar do Cabezo, se atoparon o que presuntamente poden ser murallas de orixe medieval e coidan necesario que por parte da Corporación Municipal se adopte un acordo co fin de investigar e, se fora o caso, catalogar e protexer o mencionado achado.


  Nese sentido, segundo informou o voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, solicitan que pola concellaría de Cultura se adopten as medidas, xestións e comunicacións oportunas, a fin de por en coñecemento de Patrimonio este feito, e se fora o caso, protexelo e divulgalo como ben cultural do Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario