A ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI FIRMA UN CONTRATO PARA POÑER EN MARCHA UN NOVO TALLER ADICADO A RECICLAXE DE CONTENEDORES E OUTROS ELEMENTOS PLÁSTICOS

Asociación San Xerome / A Guarda
Na continua búsqueda de saídas laborais e actividades formativas compatibles coas capacidades dos nosos usuarios, contactamos cunha empresa do sector de plásticos e resinas, dedicada á reparación de contenedores, caixas, cadeiras, etc., que está moi interesada en cedernos a formación, a tecnoloxía e os medios técnicos necesarios para crear un taller ocupacional que dará ocupación a varios usuarios do Centro de día e ocupacional.
Dita actividade xa ven sendo realizada en outros puntos de España por talleres ocupacionais de outras asociacións sen ánimo de lucro e co obxectivo común de dar ocupación e formación a persoas con discapacidade.
A empresa en cuestión é a mercantil “PLASTIC REPAIR SYSTEM 2011, S.L.”, que dentro do seu obxecto social ten como actividade, entre outras, á reparación e o mantemento de bens fabricados en materiais plásticos (polietileno o polipropileno), con métodos operativos específicos. Estes métodos específicos inclúen a formación aos encargados do taller ocupacional para que estes, unha vez dominen as técnicas e os materiais que se utilizarán en dita actividade, impartan a súa vez, aos usuarios, a formación e información necesaria para habilitarlles no manexo dos materiais e ferramentas que utilizarán.
Trátase, polo tanto de un proxecto comprometido co medio ambiente a través da reciclaxe e que ademais aporta unha redución considerable de custes para aqueles que opten por esta alternativa.
O nosos potenciais clientes son empresas que utilicen caixas e elementos plásticos e administracións que queiran reutilizar contenedores, papeleiras,..., e diminuír gastos adicados a reposición de estes elementos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario