PRESENTADA Á XXII FEIRA DO VIÑO DO
ROSAL
Celebrarase na Praza do Calvario, os días 18, 19 e 20 de xullo e contará con unha ampla diversidade de actividades
Este venres foi presentada na Taberna O Lagar, en As Eiras, a XXII Feira do Viño do Rosal, que unha vez máis reúnirá na Praza do Calvario a
numerosas empresas vitícolas xa consolidadas e outras máis novas en período de
crecemento. Esta feira ten un dobre obxectivo de promoción empresarial, por un
lado, e de promoción turística, por outro.
As datas da mesma
serán o 18, 19 e 20 de xullo.
Todas as adegas
participantes pentencen a Denominación
de Orixe Rías Baixas e, en concreto a Subzona do Rosal, que abrangue ó Baixo
Miño.
O murciano Rubén Alesandro
Lucas García gaña o concurso de carteis da XXIFeira do Viño do Rosal.
INAUGURACIÓN DA FEIRA
A XXII Feira do Viño do Rosal, celebrarase os días 18, 19 e 20 de xullo na Praza do Calvario, reunindo á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.
A inauguración levarase a cabo o venres 18, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario. A persoa encargada de inaugurar a Feira
será a Conselleira do Medio Rural e do Mar, D. Rosa Quintana.
O pregoeiro este
ano será Pepe Cadavedo, xornalista radiofónico
especializado en gastronomía.
A feira que está
consolidada recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de
30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados
na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade
de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta
lúdica neses días centrais do mes de xullo.
ORZAMENTO FEIRA
Sobrepasou os 30.000€
na pasada edición.
Gastos principais: publicidade, iluminación,
son, decoración, persoal, stands e carpas, ambientación musical.
Ingresos: achega do concello e subvencións de
varias institucións (Xunta de Galicia,
Consello Regulador, Deputación
Provincial,) e venda de cataviños.
DISPOSICIÓN DO RECINTO FEIRAL
Na Praza:
Stands: 10 adegas, 1 de produtos vexetais, 1 de froitos
do Rosal, concretamente do Mirabel produto único na nosa zona, Consello Regulador da D.O. Rías Baixas
e Ruta do Viño Rías Baixas, Municipio de Ponte de Lima.
Carpas: produtos gastronómicos
(polbo, embutidos, postres caseiros,...)
Stand de Voluntariado
da Feira do Viño. Ante a
chegada de visitantes que veñen expresamente á Feira do Viño do Rosal, ou que
veranean pola zona nestas datas, xurde a necesidade de ofrecerlles un servizo
de atención e información completa sobre o concello e a súa zona, a feira e as
súas adegas.
Por todo iso un ano
máis o grupo de voluntariado do Concello do Rosal vai a prestar o seu tempo e
formación a disposición dos visitantes da feira do Viño.
Haberá un
stand de información na entrada da praza do Calvario, na que un grupo de
persoas voluntarias ofrecerán información sobre á feira, o seu horario, o servizo
de autobús, e os lugares de interés do Rosal e arredores.
Esta
mesa de información, formada por 9 persoas voluntarias do noso concello, tamén
resolverá dúbidas como onde aloxarse, que ver ou que facer para coñecer mellor
o noso entorno.
Stand da Dirección Xeral de Xuventude e
Voluntariado no marco do programa Xplora Xuventude, que vai desprazar o venres 18 de xullo de 20.30 ata as 24.00 horas á
Praza do Calvario coincidindo coa celebración da Feira do Viño
do Rosal, unha carpa informativa para dar
a coñecer e proporcionar asesoramento sobre os recursos e os programas que ten
en marcha para todos os mozos e mozas de Galicia nos diferentes ámbitos:
programas Iniciativa Xove e Xuventude en Acción, voluntariado xuvenil e
ambiental, axudas para a obtención do carné de conducir, Galeuropa e outros
programas de mobilidade xuvenil, servizo Quérote +, Carné Xove e outros carnés
destinados á mocidade, funcionamento da Oficina Municipal de Información
Xuvenil (OMIX).., entre outros.
Este programa
ten como finalidade potenciar o coñecemento e a participación da mocidade
galega nas accións que se desenvolven por e para ela dende a dirección xeral; ademais da
carpa, contará cos medios técnicos necesarios e persoal informador e coñecedor
de todos os programas que se están a desenvolver.
Estará instalada na Praza do Calvario de 20.30 a
24.00 coincidindo coa celebración da Feira do Viño aproveitando a multitude de
xente nova que se achega a este evento. Dende aquí animamos a todas as
asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos a xuventude (clubs
deportivos, asociacións culturais, entidades sociais, etc..) e a todos os
grupos informais de xoves que acudan, pois recibirán información dun feixe de
programas e actividades que lles poden interesar.
No centro
da praza: Información e venda de cataviños
AMBIENTACIÓN MUSICAL
Venres, a partir das 22:00: Charanga
Sábado, a partir das 20:30 horas: Charanga
Domingo, a partir das 20:30 horas: Charanga
ACTIVIDADES PARA NENOS
(novidade)
Este ano como novidade e despois da demanda xurdida ó
longos destes anos imos dispor de inchables e de obradoiros de maquillaxe para
nenos. As persoas que consuman na feira seráselles entregados vales para
utilizar nas dúas actividades.
SERVIZO GRATUÍTO DE TRANSPORTE
Igual que en edicións anteriores, haberá un servizo
gratuito de transporte entre A Guarda e O Rosal.
STANDS PREVISTOS
Pedregales
STANDS PREVISTOS
Pedregales
Gaudila
Altos de Torona
Gran Novás
Quinta Couselo
Santiago Ruiz
Lagar de Cervera
Valmiñor
Terras Gauda
Canónigo Areal
A Rosaleira: productos vexetais envasados.
Consello Regulador e Ruta do Viño Rías Baixas
Municipio de Ponte de Lima
Froitos do Rosal – Mirabel do Rosal (novidade)
PRODUTOS
GASTRONÓMICOS PREVISTOS
Restaurante Xantar
Restaurante As Brasas
Restaurante Trasmallo
Pulpería Tere
Sebastián Guerreiro Carnero
Restaurante Casa Olga
PROGRAMA DA FEIRA
2014
Venres,
18 de xullo
20.00 Inauguración
a cargo da Conselleira de Medio Rural e do Mar.
20.10 Lectura do pregón a cargo de Pepe Cadavedo, Periodista radiofónico
especializado en gastronomía.
20.30 Visita ós expositores e degustación de viños do
Rosal
22.00 Actuación da Charanga.
02:00 Peche da Feira
Sábado, 19 de xullo
20:30 Actuación da Charanga
02:00 Peche da Feira
Domingo,
20 de xullo
10:30 Andaina
10k
11:30 Carreira10K
20:30 Actuación da Charanga
24:00 Clausura da Feira
ACTIVIDADES DURANTE A FEIRA
EXPOSICIÓNS do 18 ao 27 de xullo na
Sala de Exposicións do Concello:
HORARIO:
De luns a venres: de 11:00 a 13:30 horas
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:30 e de 20 a
22 horas
·
Pinturas, de María Sobrino Pereira
·
Esculturas do Colectivo Somosarte
· XXI MOSTRA NUMISMÁTICA E FILATÉLICA do Grupo Filatélico "Val do Rosal"
Os días 18, 19 e 20 de xullo, coincidindo coa XXII
Feira do Viño de Ou Rosal, o Grupo
Filatélico e Numismático Val do Rosal celebra a XXI edición da súa
exposición filatélica.
Como en edicións anteriores, este ano contarase con
matasellos conmemorativo e selo personalizado. Nesta edición están dedicados a D.
José Mª Alonso Francisco “Cuncho”, de San Miguel de Tabagón, último alcalde
republicano en O Rosal e recoñecido viticultor. Coincide este ano co 70
Aniversario da concesión pola Diputación Provincial, do 1º Premio de Viños de
O Rosal, outorgado a un viño da súa colleita.
Como todos os anos, nesta exposición participarán filatélicos e numismáticos do Baixo Miño, e outras localidades.
O local, é o de edicións anteriores: Salón de
Exposicións do Concello.



Ningún comentario:
Publicar un comentario