11 de xul. de 2014

O ROSAL

   O CONCELLO DO ROSAL CONTRATA A DOCE DESEMPREGADOS Ó ABEIRO DO  PLAN PROVINCIAL DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2014

        Araceli del Pozo Galiñanes / O Rosal

  O día 1 de xullo comezaron a prestar servizos no concello do Rosal os doce traballadores contratados mediante unha subvención da Deputación Provincial de Pontevedra que ten por obxecto financiar servizos mínimos de competencia municipal. 

  Estes 12 traballadores se suman ós 10 que xa comezaran a traballar o 30 de abril pasado co obxecto tamén de fomentar o emprego para a realización de servizos de interese xeral e social co obxecto de proporcionarles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

  Os contratos que asinaron terán unha duración de seis meses e se priorizou, de conformidade coas instruccións do ente provincial, que os seleccionados non cobrasen ningún tipo de prestación ou foran perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia. 

   En concreto, os servizos nos que colaboran os novos traballadores son de mantemento de espazos públicos (dentro da Brigada de Vías e Obras), apoio ó Servizo de Recollida de Lixo, Limpeza Viaria e atención do Punto Limpo, axuda no fogar, atención ó público nas Oficinas Municipais e limpeza de edificios públicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario