A DEPUTACIÓN A HIDROMIÑO S.L. AS
OBRAS DE REPARACIÓN DO DEPÓSITO MUNICIPAL DE AUGAS DE MARTÍN, EN O ROSAL
· Esta actuación permitirá mellorar o abastecemento no concello
· Once empresas presentaron
ofertas para encargarse da execución dos traballos, que se adxudicaron en preto
de 82.000 euros
A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar á
empresa Hidromiño S.L. as obras de reparación e mellora do depósito municipal
de augas de Martín, no concello de O Rosal, no que se investirán 82.000 euros.
En total foron 11 as empresas que presentaron
ofertas para a execución destes traballos, cos que se pretende corrixir os danos que presenta a citada infraestrutura e
mellorar o rendemento do depósito e as súas condicións de salubridade.
Cunha capacidade de máis de 1.600 metros cúbicos, o
depósito dá servizo aos veciños de Martín, pero nestes momentos presenta unha
notable deterioración que fai imprescindible a súa reparación.
Entre os danos detectados figuran numerosas gretas e
falta de impermeabilización na cuberta, polo que se producen filtracións ao
interior e danos en vigas e piares. Así mesmo, presenta fisuras nas paredes
exteriores e desprendemento do material de revestimento interior, ocasionándose
perdas de auga e problemas de salubridade polo mal estado interno do depósito,
que tamén ten deficiencias no solado.
Os traballos consistirán na demolición do forxado da
cuberta e a construción dunha nova, a base de lousa oca prefabricada de
formigón, que se colocará sobre os piares existentes reforzados e sobre novas
vigas prefabricadas.
Tamén se procederá á limpeza de paramentos verticais
exteriores, colocaranse grampas para pechar as fisuras e selaranse. Os
paramentos interiores limparanse con chorro de auga a presión e posteriormente
aplicaráselle un tratamento impermeabilizante.
Finalmente, dotarase dunha soleira con pendente e arqueta
de recollida para facilitar as labores de limpeza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario