LOUZÁN ENTREGA UN NOVO CAMIÓN AUTOBOMBA DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS PARA
O PARQUE DE BOMBEIROS DE PORRIÑO
·
Tivo un coste
de 235.000 euros e foi un compromiso do propio Louzán para o parque de Porriño
con motivo da adxudicación do Consorcio Provincial.
·
Na súa visita,
comprobou as melloras técnicas, sociais e de medios que se levaron a cabo no
parque
O
presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, fixo entrega hoxe, no
Parque de Bombeiros de Porriño, dun camión de extinción-autobomba, totalmente
equipado, para servizo do parque e dos cidadáns dos 10 concellos que atende: As
Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Mos, O Rosal, O Porriño, Salceda de
Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui.
O novo
camión de extinción de incendios, que tivo un coste de 235.000 euros, foi un
compromiso adquirido polo propio Louzán para o Parque de Porriño con motivo da
adxudicación da xestión do Consorcio Provincial de Bombeiros á empresa Matinsa.
Pero as melloras neste
parque, situado no polígono de As Gándaras, non remataron aí senón que
abarcaron outras de tipo técnico, social e de medios humáns que o mesmo Louzán
comprobou hoxe na súa visita ás instalacións.
En concreto, foron melloras
relativas á automatización da apertura de portas e da propia parcela; ás
dotacións do ximnasio, salón de actos e dormitorios; ao equipo de refrixeración;
aos garaxes; e á dotación de medios, na que se inclúe o novo camión de
extinción-autobomba hoxe entregado.
O personal de bombeiros do
Parque de Porriño obtivo tamén, con motivo da súa incorporación ao Consorcio
Provincial, melloras de tipo social entre as que destacan melloras sociais para
os traballadores, pólizas de responsabilidade civil, seguros en caso de
accidente que van dende os 120.000 euros en caso de morte aos 60.000 por
incapacidade, e outras melloras relativas ao vestiario, equipos de
excarcelación, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario