As Catedrais pide "máis que boas palabras" para ser protexida
Presentación das medidas inmediatas, este sábado na praia
© Xunta
A pasada Semana Santa as fileiras de vehículos para achegarse á praia de Augas Santas, a popularmente coñecida como As Catedrais, en Ribadeo, eran quilométricas. Polo medio do engarrafamento o alcalde ribadense, Fernando Suárez (BNG), gravaba en primeira persoa a aglomeración para, despois, pendurar os vídeos en YouTube como chamada de atención. "En Ribadeo estamos moi orgullosos de recibir cada ano máis visitantes, tamén de que un dos reclamos máis efectivos sexa a universalmente coñecida Praia das Catedrais. Agora só queda que a coñezan, a maiores dos de Ribadeo e o resto de cidadáns do mundo, os responsables da Xunta e do Ministerio de Medio Ambiente".
Ningún comentario:
Publicar un comentario