Á LEMBRANZA DE ANTONIO FERNÁNDEZ ESTÁ ENTRE OS SEUS, EN GOIÁN
A imaxe do artista e filántropo goiánes preside o acceso á Aula Museo Antonio Fernández - Foto: Andrea Pousa Barros
Andrea Pousa Barros / Goián
O 4 de xullo ás 21:00h é unha nova data histórica para os veciños de Goián, que ven cumplido un dos seus soños: a inauguración da Aula Museo Antonio Fernández, nas antigas escolas de Goián, construidas en terreos doados polo altruista pintor goianés.
O concelleiro Uxío Benítez inicia o acto, con lembranzas que cumplen 120 anos, cando un neno de 11 anos emprende unha viaxe para cumplir o soño de ser pintor. De feito o concelleiro lembra unha afirmación do pintor os medios na década dos 70 do século XX: "(...) Se algunha satisfacción pudera ter na miña vida é a de ser pintor".
Mirta Misa, directora do Colexio de Goián, o cal leva o nome do pintor, lembra que foi a proposta dun pai dun alumno do Colexio, e aclara pai e artista, referíndose o escultor Magín Xulio Picallo Durán, quen propuxo que o Colexio levara o nome do pintor.
O veciño de Goián, José Manuel Villa (Mané), é doador, xunto con Leandro Alonso (Lea) e a Fundación Xavier Pousa, que cederon gran parte dos materiais que se poden apreciar na Aula Museo. Mané deixa claro o sei agradecemento, e seu rostro expresa a ledicia, ilusión e satisfacción dun soño e promesas feitas realidade.
A alcaldesa Sandra González agradece na súa intervención, a gran labor de unión e colaboración, do primeiro o último, e refiriuse a esta andaina deste xeito: "(...) Cando falamos con Mané el resumiuno así: isto é un barco, e temos que navegar xuntos, nos somos o barco e vos podes os remos (...)".
O acto remata co develamento do rostro do pintor gravado o vacío na baranda de acceso o museo, por parte de Lea, Mané e Carmela Arbones, da Fundación Xavier Pousa, que destapan a bandeira de Galicia que cubría a obra.
Un legado histórico cheo de vivencias e pertenzas do pintor agardan o visitante.
O acto contou coa presencia de membros da Agrupación Musical de Goián, creando un ambiente máxico a cargo do compositor Andrés Álvarez.
Dende eiquí convido a toda a xente a que visite a Aula Museo de Antonio Fernández, para un mellor recoñecemento deste pintor e filántropo goianés, que regresou o seu natal Goián, para nunca máis marchar.
Antonio Fernández sempre con nos!
HORARIOS DE VISITAS Á AULA MUSEO ANTONIO FERNÁNDEZ NOS DÍAS 4, 5 E 6 DE XULLO
Venres: De 19:00 á 24:00 horas
Sábado: De 19:00 á 24:00 horas
Domingo: De 12:00 á 14:00 e de 19:00 á 21:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario