Audasa ignora á Xunta e cobra malia provocar atascos superiores aos 3 quilómetros
En xullo de 2012 a Autoestrada do Atlántico, a AP-9, vivía por enésima vez unha das súas clásicas retencións de verán, motivadas pola combinación do incremento de tráfico proveniente da costa a unha mesma hora e da obriga de se deter nos postos de peaxe para pagar o que corresponda. Naquela altura o Goberno de Mariano Rajoy levaba uns poucos meses no poder e a Xunta dirixiuse a el, concretamente ao Ministerio de Fomento que dirixe unha destacada militante do PP galego, Ana Pastor, para instalo a exercer as súas funcións de supervisión e abordar este "problema histórico".

Ningún comentario:
Publicar un comentario