31 de xul. de 2014

DEPORTES

BEGOÑA ESTÉVEZ RECIBE A LUIS FERNÁNDEZ PEREIRA, O PRIMEIRO MEDALLISTA GALEGO DA HISTORIA EN PIRAGUISMO DE SLALOM
·   O deportista, natural de Salceda de Caselas e pertencente ao Club Penedo de Tui, gañou todas as competicións da Liga Nacional en C-1 nesteseuprimeiro ano de xuvenil



Infogauda /  Pontevedra

  A deputada Begoña Estévez recibeu hoxe oficialmente a Luis Fernández Pereira, piragüista de Entienza (Salceda de Caselas) pertencente ao Club Piragüismo Penedo, de Caldelas de Tui, que acaba de ser o primeiro piragüista galego da historia que acada medalla na modalidade de Slalom trala proba do Campionato Mundial Xuvenil sub 23 que se celebrou en Australia.
  Luis Fernández estivo acompañado por representantes do seu clube e do Concello de Salceda. Na recepción, Begoña Estévez destacou "os altísimos méritos dun rapaz que, a base dunesforzo extraordinario tanto del como da súa familia, nesteseuprimeiro ano de xuvenil, obtivo a primeira medalla da historia de Galicia nun campeonato mundial de Piraguismo en Slalom, que foi seleccionado para o campeonato de Europa de Macedonia e que gañou todas as competicións en C1 xuvenil na Liga Nacional".
 Begoña Estévez destacou o carácter exemplar do deportista de Salceda de Caselas e afirmou que a Deputación de Pontevedra colaborou con él para o desprazamento a Australia e para a compra de material deportivo "e, sin dúbida, en vista da súa traxectoria, da súapersonalidade e dos seus éxitos, colaboraremos máis no futuro".

  Luis Fernández Pereira disputou e acadou a medalla de bronce no Campionato Mundial de Slalom en Penrith (Australia),logo dunha brillante participación nas catro probas de clasificación celebradas en La Seo de Urgell (Lérida) e Orthez (Francia).

Ningún comentario:

Publicar un comentario