21 de xul. de 2014

DEPORTES

NUNO FILIPE RIBEIRO PINTO DA COSTA, VENCEDOR ABSOLUTO DA PRIMEIRA EDICIÓN DOS 10K O ROSAL "FEIRA DO VIÑO" 2014

Paula Mayobre González, foi á gañadora en féminas

Imaxe da saída da proba - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente


Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal

  Nunha mañá con unha temperatura aceptable para á práctica do atletismo, e con un ambente óptimo, tanto a nivel deportivo como de público que seguiu o desenvolvemento da proba, este domingo día 20 de xullo tivo lugar á 1ª edición do 10 K O Rosal "Feira do Viño".

  A liña de saída e de meta estiveron nas inmediacions do Monumento o Cabaqueiro, en un dos accesos á Praza do Calvario.

  Os atletas disfroitaron dun trazado bastante asumible ata o barrio de Cruces (Fornelos), para logo escomenza-lo ascenso en dirección á Couselo, pasando por unha das adegas da zoa, e deseguido acometer o tramo final que pasaba por A Lomba e Cruz de Ferro, e rematar na Praza do Calvario.

  De un total de 366 atletas inscritos, lograrían cruzar á liña de meta 337.

  O vencedor absoluto da proba foi Nuno Filipe Ribeiro Pinto da Costa, do clube Maia A. C., de Amarante (Portugal), con un crono de 00:31:13.

  En segunda posición entrou Akka Essaadaoui, residente en Salceda de Caselas, e pertencente a Sociedade Atlética Val Miñor, con un tempo de 00:31:15.

  En terceira posición chegou Manuel Hurtado Sanjurjo, de Lugo, pertencente o New Balance Team, con un tempo de 00:32:12.

   O atleta rosaleiro Oscar Vicente Rodríguez, do clube Mallorca Trainning, cruzou á meta en cuarta posición, logrando un rexistro de 00:32:15.

   En féminas, a primeira atleta que cruzou á meta foi Paula Mayobre González, de Ares, pertencente o clube Bikila, que logrou un crono de 00:36:26.

   No que respecta os premios houbo dotacións en metálico para os tres primeiros clasificados e lotes de productos típicos do Val do Rosal (Viños da D. O. Rías Baixas - Subzoa do Rosal, conservas, etc.) para os primeiros clasificados de cada categoría

   + INFO

Ningún comentario:

Publicar un comentario