2 de xul. de 2014

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

I OBRADOIRO DE COMPOSICIÓN FOLC
Dirixido por Ernesto Campos

Organiza: Os Pelouros
Colaboura: Asociación Os Amigos de Camposancos



 
  Informa: Ernesto Campos

 Como moitos sabedes, estes anos estiven facendo uns obradoiros de composición folc paralelos ao festival de Ortigueira. Este ano non poido ser por motivos alleos tanto a min como a organización de sempre. En todo caso quedoume o « becho roendo nos miolos » e tomei a iniciativa de molestar a un par de amigos e intentalo facer por conta propia. E aqui tedes o primeiro resultado: o venres 11 de xullo en Camposancos (A Guarda).  

 Nesta primeira edición quixémolo facer dun só día, pero se hai interese, pretendemos facer máis edicións nos vindeiros anos, mesmo de varios días, ofrecendo xantar e aloxamento,… e ademais con praia cerca!   

  Ofrecemos tan só vinte prazas para alumnos activos e tamén outras tantas para oíntes, a información e prezos os tedes nesta ligazón (pdf).

  En todo caso, para o 2 de agosto temos previsto facer outro en Bueu… Por praia que non sexa, eh?

Ningún comentario:

Publicar un comentario