10 de xul. de 2014

BAIXO MIÑO

XAVIER VENCE NA FESTA NACIONALISTA DO BAIXO MIÑO

O evento celebrarase no Espazo Fortaleza de Goián

BNG / Baixo Miño


              O próximo domingo 13 de xullo o portavoz nacional do BNG Xavier Vence participará na festa nacionalista do Baixo-Miño que se celebra no Espazo Fortaleza de Goián.  

       A festa dará comezo ás 2 da tarde con un xantar ao aire libre. A partir das 4 da tarde o Portavoz Nacional do BNG, a Alcaldesa de Tomiño e o Responsábel Comarcal do BNG dirixiranse aos asistentes. Seguidamente desenvolverase un certame de música tradicional nun evento no que tamén estarán presente diversos artesáns da comarca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario