8 de xul. de 2014

BAIXO MIÑO

 FESTA 
NACIONALISTA
Domingo 13 de xullo
Espazo Fortaleza Goián


BNG Baixo Miño

  Dende o BNG do Baixo Miño informamos de que o vindeiro domingo día 13 de xullo, a partires das 14:00 celebraremos a Festa Nacionalista da Comarca.

 Nesta ocasión, ademáis do tradicional xantar, e foliada, contaremos cunha mostra de artesanía e un certame de música tradicional do Baixo Miño. Polo que facemos un chamamento e convidamos a participar na mesma, tanto a grupos de música tradicional, artesáns, e a toda a veciñanza do Baixo Miño, podéndose inscribir até este xoves no  telemóbel 616090632, ou no enderezo baixominho@bng-galiza.org.

 Así mesmo tamén contaremos coa intervención do Portavoz Nacional, Xavier Vence, a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o Responsábel Comaracal (Xosé Manuel Méndez).


 Coma broche final, remataremos o día de Festa, coa iniciativa que comezou a actriz Isabel Risco, cun “Legado das parrochas” aberto para tódalas persoas que queiran reivindicar un aborto libre e gratuíto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario