3 de xul. de 2014

BAIONA

Inscricións abertas para a Xeira Marítima do IEM pola Ría de Baiona coa guía de Xosé Lois Vilar


A vindeira Xeira do IEM  deste verán é unha visita en barco ó mar do Val Miñor, que terá lugar o mércores 9 de xullo. Partiremos do Porto de Baiona ás 21:15 horas.  Na viaxe falaremos da historia da nosa ría e a talasonimia dos mariñeiros, percebeiros, argaceiras da costa miñorana. Falaremos de naufraxios,  de faros, de balizas, de illas, illotes, gamelas, artes de pesca, marcas en terra... e do fondo de area, de cuncha, de pedra e do sebeiro que o apalpou. Contaremos coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar. Para participar hai que facer unha inscrición previa que detallamos a continuación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario