A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA CONVOCA O
A Agrupación Cultural Guardesa convoca o XXVIII Certame de Poesía "Feliciano Rolán", con arranxo ás seguintes bases:
1.- Poderanse presentar
poetas de calquera nacionalidade sempre que os traballos que concursen veñan
escritos en galego ou castelán.
2.- Os traballos serán
orixinais e inéditos e comprenderán poemas non premiados noutros concursos. O
tema e forma serán libres.
3.- Cada concursante
remitirá un máximo de dous poemas que non deberán ter menos de 30 versos nin
excederán dos 100 en cada poema.
4.- Os traballos
presentaranse mecanografados a dous espazos por unha soa cara, en folio e por quintuplicado. En plica pechada faranse
constar os datos do autor, enderezo e número de teléfono. Os orixinais remitiranse ao seguinte enderezo:
Apdo. de Correos, 3 - 36780 A GUARDA
(Pontevedra)
O Brasileiro e Xanelux (A Guarda)
5.- Xulgará o presente
premio un xurado constituido por membros da Agrupación Cultural Guardesa e
persoas relacionadas co mundo das letras. A súa composición darase a coñecer ao
emitirse o fallo.
6.- O fallo do xurado
darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación, e
comunicaráselle directamente aos gañadores.
7.- O Premio
"Feliciano Rolán" de Poesía estará dotado con:
PRIMEIRO PREMIO: 360 Euros e Placa
SEGUNDO PREMIO: 120 Euros e Placa
TERCEIRO PREMIO: 60 Euros
e Placa
A Agrupación Cultural
Guardesa concederá un accésit si o considera oportuno segundo o acordado na
Asemblea do 16 de abril de 2009.
8.- Os Premios serán
entregados nun Acto Cultural Poético que celebrarase na Guarda o martes
5 de agosto ás 21:30 horas, no Centro Cultural da Guarda.
Non poden ser declarados desertos.
9.- O prazo de admisión dos traballos pecharase o día 24 de xullo de 2014.
10.- Non se manterá
correspondencia sobre o concurso. Os traballos non premiados e plicas serán
destruidos unha vez rematado o fallo do Xurado.
11.- Os traballos
premiados quedarán en poder da Agrupación Cultural Guardesa, que poderá
publicalos cando o considere conveniente sempre mencionando ao autor.
12.- A participación
neste concurso implica a aceptación das presentes bases, así como a decisión do
xurado para algún caso non previsto nas mesmas.
A Guarda, 4 de xullo de
2014
A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA AGRADECE A PRESENZA DAS
PERSOAS PREMIADAS NO ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS
Este Premio está
Patrocinado polo EXCMO. CONCELLO DA GUARDA
Colabora: COMISIÓN DAS
FESTAS DO MONTE SANTA TREGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario