8 de xul. de 2014

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA NOVAMENTE UNHA MOCIÓN PROPONDO Á DECRARACIÓN DE XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO COMO FILLO ADOPTIVO DE A GUARDA, A TÍTULO PÓSTUMO



Na imaxe de arquivo, o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro asinando un exemplar do seu poemario "Confíteor" - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente



Infogauda / A Guarda



Unha vez máis, o Grupo Municipal Converxencia Galega, ven de presentar unha moción propondo que á Corporación Municipal do Concello de A Guarda, adoite o acordo de dar inicio o Expediente contemplado no Regulamento de Honras e Distincións a fin de nomear a Xosé Carlos Gómez Alfaro, Fillo Adoptivo de A Guarda.   

Desde este xornal dixital saudamos á devandita proposta, xa que consideramos que polo vencello activo que o poeta tivo co pobo de A Guarda, pola súa demostrada querencia o pobo guardés, tan presente na obra poética de X. C. Gómez Alfaro, e pola recoñecida altura creativa deste autor; os representantes públicos da cidadanía guardesa, teñen diante de sí mesmos, unha nova oportunidade para recoñecer institucionalmente tódolos méritos literarios de un autor que nos legou un fermoso ronsel poético e que sen ningún xénero de dúbidas, é unha honra para tódolas persoas que tivemos a sorte de coñece-lo, haber podido compartir con el moitos intres inesquencibles.  

 Agardamos que toda á Corporación Municipal suscriba á proposta presentada, porque é de ben nacidos ser agradecidos, e coidamos que A Guarda, e un pobo que sabe agradecer.  Deseguido transcrebemos á moción que ven de presentar no rexistro de entradas do concello de A Guarda, o Grupo Municipal Converxencia Galega, na que se dí o seguinte:


XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO


(As Chabolas – Ribadavia, 10/02/ 1949 – A Guarda, 14/05/ 2008)

XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO, UN DOS  GRANDES POETAS DO NOSO PAÍS

Xosé Carlos Gómez Alfaro, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor – a partir do 1978 – de Ensino Secundario, no Colexio PP. Somascos, da nosa localidade. Foi un activo articulista, escritor e poeta, que colabourou en diversos medios de comunicación galegos, libros-programas de festas locais, obtendo varios premios xornalísticos.

Inicia súa traxectoria poética en 1969, ca pubricación da obra en castelán “De rodillas”, pubricada en Bilbao, pola Editorial CLA. Escomenza a escriber en galego a partir de  1970.

Súa obra poética está representada nos seguintes poemarios: “As labaradas da lembranza” (autoedición), 1996; Matria da néboa, Edicións do Castro (Sada, A Coruña, 1997); “Os ciclóns do sino”, Deputación de Ourense, 1997; “Alba plena do alén”, Edicións Espiral Maior (A Coruña, 1997); “Pasos cara á Alba”, 2000; “Alén do lume” (Edicións Espiral Maior, 2002), e “O clamor da eclipse”, co que obtivo o Premio de Poesía Cidade de Ourense, en 2004. En 2005 pubricou “Confíteor”, poemario de temática cívico-relixiosa, na Colección Hipocampo, de Litoral das Rías.

En 2006 gaña novamente o Premio de Poesía Cidade de Ourense, co poemario Mar aberto, que foi pubricado ese mesmo ano.

Logo do seu pasamento, aparece “Altaluz”, seu poemario póstumo, incruido na obra en dous tomos, Poesía galega toda, edición promovida polo Pen Club de Galicia.

O calidade literaria de Xosé Carlos Gómez Alfaro foille refrendada con varios e importantes premios, como: Meigas e Trasgos, Rosalía de Castro, Concello de Marín, Feliciano Rolán, Antón Tovar,..., entre outros.

E de resaltar que o legado literario de Xosé Carlos Gómez Alfaro é dunha calidade sen parangón posible, foi sen dúbida, un dos poetas máis grandes do noso país.

Como ten destacado en distintos artigos o correspondente decano de prensa na nosa localidade, Ricardo Rodríguez Vicente: “A Guarda, o igoal que As Chabolas, Sadurnin, Cenlle, Ribadavia, Ourense, Compostela,..., forman parte dunha saudosa xeografía alfariana.”

Coincidimos en que queda moito por decir e por facer, en lembranza de quen tanto deu pola nosa localidade. Non esqueceremos o aporte cultural que X. C. Gómez Alfaro  brindou a esta vila que o acolleu con agarimo,  e que seguiráo apreciando sempre. Ese foi un dos motivos polos que en varias ocasións, fixemos a proposta de decrarar á Xosé Carlos Gómez Alfaro, Fillo Adoptivo de A Guarda.

Dado que como Grupo Político, tamén apoiamos diversas propostas de asociacións e veciños/as, que acolléndose ao Regulamento de Honras e Distincións, presentaron no Rexistro Municipal, confiamos en que dunha vez por todas, os membros da Corporación Municipal do Concello da Guarda saiban estar á altura das circunstancias, e teñan a ben da-los pasos necesarios cara a homenaxe cívica que a figura humana, e a obra literaria, prosística e xornalística de Xosé Carlos Gómez Alfaro merece.
  
 Por todo o exposto, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a propoñe-lo Pleno para o seu debate e aprobación se procede da seguinte MOCION:

a).- O Concello de A Guarda, acorda dar inicio o Expediente contemplado no Regulamento de Honras e Distincións a fin de nomear a XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO, FILLO ADOPTIVO de A Guarda.

b).- Presentar diante da Real Academia Galega, a proposta de honrar a memoria de Xose Carlos Gómez Alfaro, adicando o Día das Letras Galegas.

c).- Dar traslado da proposta os Concello de Cenlle e Ribadavia, así como tamén os de Tui, Tomiño, O Rosal e  Oia, e a  Mancomunidade do Baixo Miño, para que respalden esta iniciativa.

d).- Solicitar o apoio o Centro P.E.N. Galicia, e séu Presidente, Luís González Tosar.

e).- Pedir a tódolos grupos culturais, sociais e demais que existen na bisbarra para que apoien con escritos esta proposta a fin de confeccionar un dosier a ser presentado diante das distintas institucións que poden reforzar a solicitude.

A Guarda, a 03 de Xullo do 2.014


Beatriz Estévez Álvarez

  
Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario