11 de xul. de 2014

A GUARDA

II FESTA FESTA GASTRONÓMICA DO MEXILÓN

11, 12 e 13 de xullo, na Alameda 

Infogauda / A Guarda

 A Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O Cancelón celebrará esta fin de semana a segunda edición da Festa do Mexilón que terá como marco a Alameda da Guarda, baixo unha ampla carpa, con aparcadoiro para vehículos, e as proximidades e un parque de atraccións para persoas de tódalas edades. 

  Este ano, e logo do éxito da pasada edición, a Festa do Mexilón comezará este venres, ás 20:00 horas, e rematará o domingo ás 24:00 horas. 

 As variedades que se servirán serán mexilón ao vapor, en vinagreta e en empanada. Asemade haberá outras propostas gastronómicas como croques ao vapor, chocos na súa tinta, callos, zorza, chourizos á plancha e pementos de Padrón, todo ello a prezos populares. 

 Animarán este evento, música ambiental, un mago, humorista e charanga, cunha suxerente programación para todos os públicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario