CONVERXENCIA GALEGA INFORMA DAS CARENCIAS DA ROTONDA PINTÁN – A GÁNDARA, NO VIAL TUI – A
GUARDA
O pasado 11 de Xaneiro deste ano 2.014, con rexistro de entrada Nº
144 no Concello da Guarda, Converxencia Galega rexistrou unha moción para
denuncia-las carencias que detectamos na fase de construcción que tiña a
rotonda situada entre Pintán e A Gándara (termo municipal do Concello da
Guarda). A moción prosperou nos seus tres apartados gracias ó apoio do PP e
BNG, a pesar do voto en contra do PSOE; quen semanas despois organiza charlas
cós veciños para apoiar estas iniciativas nas que antes votara en contra no
Pleno Ordinario de Xaneiro do 2.014.
Dende Converxencia Galega, temos seguindo inspeccionando as obras
detas rotonda; por desgracia non se fixeron os arranxos propostos e aprobados
no Pleno Ordinario do 2.014; o cal é unha sinal da pouca importancia que teñen
os problemas dos veciños de Pintán e A Gándara para o actual goberno municipal
do PSOE.
Nas últimas inspeccións, feitas antes dos fastos inaugurativos que
terán lugar en próximas datas; Converxencia Galega debe de denunicar estas
importantes carencias:
1º) Sinalización confusa
ou errónea:
O cartel indicativo coas catro sinais de prohibido circular está mal
situado; pois tal como está situado prohibe a circulación de peóns, e logo un
metro por detrás temos a sinalan que informa da presencia dun paso de peóns
para cruza-la rotonda. Dado que a rotonda tamén forma parte do vial, o cartel
indicativo debería estar situado na saída da rotonda; como vemos é unha
sinalización confusa que induce a erros.
O custe desta rectificación é mínimo, hai que desmonta-lo cartel da
ubicación actual e situalo varios metros para atrás, despois do paso de peóns.
2º) Paso de peóns con resalte:
Converxencia
Galega considera que este paso de peóns non é a solucións máis axeitada e
segura para os veciños; pero tamén entendemos que é a máis barata, a máis fácil
de aplicar e con menor custe constructivo i en tempo.
Pero, ante todo
debe prima-la seguridade dos peóns; Converxencia Galega pensamos que o paso de
peóns debería ter un resalte elevado varios centímetros, que obrigue ós
vehículos que circulan pola rotonda a aminota-la velocidade. Todo isto supón
aumenta-la seguridade dos peóns cando crucen por este paso de peóns.
O custe de aplicar está solución é barato, pois só hai que engadir
una nova capa de aglomerado asfáltico sobre o xa existente, e repintar todo.
3º) Accesos incompletos ó paso de peóns:
Os accesos a
este paso de peóns tanto dende A Gándara, como dende Pintán están incompletos;
na zona próxima á rotonda temos a cada lado un tramo con base de cemento, pero
logo esta obra non conecta coa estrada, polo cal os veciños deben facer un
tramo sobre un camiño de terra.
Durante a tempada invernal, coas chuvias, moi
probablemente estes tramos de terra acumulen agua de chuvia, e tórnense en
lameiras, que sexan case que impracticables para os veciños.
A solución é moi sinxela, extende-lo firme de
cemento dende os accesos ata enlazar coa estrada de Pintán e a estrada da
Gándara; no primer caso é unha obra de apenas 2 metros de lonxitude, e
no segundo caso sobre uns 6 mestros de lonsitude. Por decilo de outro modo,
sería construir dous pequenos tramos de beirarrúas entre os accesos do paso de
peóns e os camiños xa existentes.
4º) Reviravoltas na
entrada do paso de peóns:
No acceso ó paso de peóns dende A Gándara; os veciños teñen que
facer varias voltas e reviravoltas que non teñen sentido, pois hai un tramo dun
valado metálico que lles obriga a facer estas reviravoltas, o cal non redunda
na seguridade dos peóns, ademáis de restar espacio de camiño e maniobra para
aqueles veciños que camiñan con carros da compra, de bebés,...
Converxencia Galega pensa que este último
tramo de valado metálico é un auténtico estorbo, que entorpece a movilidade e
seguridade dos peóns. Dado que non aporta nada positivo, o mellor sería
proceder á retirada do mesmo.
5º) Ausencia de
instalacións de drenaxe:
Ollamos como a un nivel inferior ó vial trancorren
dúas pistas paralelas, para uso agrícola. Pero dende Converxencia Galega temos que resalta-la
ausencia total de elementos e instalacións que drenen as aguas pluviaís que
evacua o vial; de tal xeito que estas aguas vánse acumular nestes dous viais
que está a niveis inferiores.
Probablemente poida acontecer que durante a tempada invernal polo
excesos de chuvias, estes camiños para servicios agrícola transfórmense en
auténticas pozas e lameiras, que sexan de moi díficil tránsito para o uso dos
veciños.
Hai temos unha actuación a estudiar e valorar, sobre todo antes da
chegada do inverno; falamos da instalacións de elementos que drenen para non
acumular agua nestes viais de servicio agrícola.
6º) Instalacións de
drenaxe incompletas:
Outra das carencias que atopamos revisando esta obra, é un sistema
de drenaxe i evacuación de aguas pluviais que está incompleto. Ollamos que na
zona da rotonda, que está próxima á entrada de “Fonte Bieita” hai unha tubería
de drenaxe que aguas pluviais que remata nunha poza sen máis.
Ó noso entender, esta obra non pode ficar así sen máis; hai que
preparar esa poza, e dende ela crear unha saida para conecta-la á rede de
sumidoiros de aguas pluviais.
No suposto de deixar así esta obra incompleta, na tempada invernal
esta poza vai acumular un volumen de agua, que posiblemente reborde e inunde o
acceso a “Fonte Bieita”, campos próximos e baixe pola estrada cara A Gándara,
có conseguinte risco de pequenas inundacións neste barrio.
Dende logo, esta é unha actuación que terán que planifica-los
responsables da construcción do vial, có departamento de obras do Concello da
Guarda. Lamentablemente non ollamos ó concelleiro responsable de obras moi
preocupado por estes defectos.
7º) Taludes con firmes inestables:
Esta obra que dentro de poucas semanas vai ser inaugurada, cós seus
fastos correspondentes; xa presenta deficiencias polo pouco esmero no proceso
constructivo.
Dende Converxencia Galega nas inspeccións realizadas detectamos que
hai zonas onde os taludes que van do nivel superior ó inferior non son
estables, nin están ben condicionados para durar no tempo.
O seguinte exemplo o temos na zona da mesma rotonda; no talude onde
está situada unha das farolas de iluminación, vemos que a mesma xa presenta
efectos moi avanzados dun proceso erosivo polo efecto das aguas de chuvias. A
consecuencia disto, é que a base da farola vai perder estabilidade có
conseguinte risco de caída, xa sexa para o camiño de peóns, ou cara a zona da
rotonda.
Esperamos que os responsables da construcción realicen as obras de
acondicionamento necesarias; por sorte as mesmas non son nada caras, sería
construir unha base de cemento máis ancha e profunda, para que a farola teña un
soporte máis ancho, ben anclado e que sexa máis estables; minimizandos os
riscos da erosión hidrodinámica.
8º) Tapas de rexistro
sen asegurar:
Outras das carencias importantes que temos ollado, é que as
diferentes tapas de arquetas, rexistros ou sumidoiros de aguas, as tapas das
mesmas non están ben aseguradas; polo cal existe un risco de que persoas mal
intencionadas ou desaprensivos, as retiren, ou accedan de xeito improcedente ó
interior das mesmas.
O normal sería instalar pequenos elementos de bloqueo, que impidan a
manipulación dos mesmos por persoal alleo á obra, ou o mantenemento da mesma.
Dende
Converxencia Galega poñemos en coñecemento do Concello da Guarda, e dos
veciños, todas estas deficiencias, para que sexan tratadas coas autoridades
responsables das mesmas, e obteñan solucións, reparos nos desperfectos,
subsanacións nas deficiencias o máis axiña posible.
Lamentablemente este
traballo de denuncia que aquí nos expomos, debería estar feito polo concelleiro
responsable de obras, se adicase algo máis de tempo ás súas funcións no horario
laboral, e algo menos a pasear có vehículo municipal. Ó Concello da Guarda
iríalle moito millor.
A Guarda a 1 de xullo do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Nota da Redacción de Infogauda:
Por motivos técnicos alleos á nosa vontade, non nos foi posible publicar con anterioridade á inauguración da obra do vial tramo Goián-A Guuarda, o comunicado que precede a estas liñas, e que oportunamente nos fora remesado por Converxencia Galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario