CONVERXENCIA GALEGA CUESTIONA Ó CONCELLEIRO DE TRÁFEGO
En nome de Converxencia Galega, Xosé María Martínez Rodríguez, responsable desta formación política, con representación municipal na Corporación do Concello de A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas do concello, á seguinte comunicación:
INSTALACIÓN
SEMAFÓRICA
Nestes
días temos asistido abraiados a instalación de semáforos para regula-lo
tránsito de vehículos na intersección das rúas Xulia Vaquero e Galicia.
Dende Converxencia Galega, estamos convencidos que esta reubicación é un
novo erro do Concelleiro-Liberado de Tráfico, xa que coidamos que non vai
xeneral ningunha mellora no tráfico de vehículos polo centro da vila guardesa.
En Converxencia Galega consideramos que os puntos preferentes onde
debería de instalarse unha regulación semafórica son os puntos coñecidos
popularmente:
a).- “O Cruce da Alamenda“ (intersección das rúas Galicia e Rosalía de Castro).
b).-
“O Cruce do Pastor” (intersección das rúas Galicia e Concepción Arenal).
Polo tanto, en Converxencia Galega, pensamos que o
lugar donde se está facendo a instalación, non é o máis axeitado, por non estar
nos cruces máis problemáticos por densidade de tránsito de vehículos e peatóns.
Así mesmo, denantes da
instalación destes semáforos, o prioritario é ter elaborado todo un PLAN DE TRAFICO, dentro do cal debe
existir un planeamento de regulación semafórica de determinados puntos con alta
densidade de circulación rodada e peonil.
Un dos apartados máis
importantes deste Plan de Tráfico debe ser un sistema de circulación única para
as numerosas rúas estreitas que hai nas distintas parroquias do noso Concello,
moitas das cales teñen anchos inferiores os dous (2) metros que ainda hoxe son
de doble sentido de circulación…lamentablemente nestes SETE (7) ANOS de
(i)rresponsabilidade do Concelleiro-Liberado de Tráfico, foi incapaz de tomar
iniciativas nesta dirección.
Tamén, dende Converxencia Galega, pesamos que para
adopta-lo uso dos semáforos, un elemento necesario e prioritario cara a
optimización deste recurso, é ter unha Central de Control, desde a cal se podo
ir adaptando o uso dos mesmos en función do tránsito, hora, densidade e
velocidade de circulación,…, a ausencia deste elemento de control vaille restar
moita operatividade e eficacia a implantación de semáforos.
Por todo o exposto, consideramos
que a labor desenrrolada nestes SETE (7) ANOS do Concelleiro-Liberado de
Tráfico presenta moitas carencias, presenta poucas iniciativas, a maioría delas
desacertadas. A nosa conclusión é que as problemáticas do tráfico local,
quédanlle grandes (ainda contando ca asesoría dún experto en autobuses),
amosando unha total carencia de ideas neste eido, polo que o séu mantenemento
resulta carísimo no puesto que ten asignado e que non desempeña.
A
Guarda, a 28 de Xuño do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario