XIII ROCK GUARDÉS
Sábado 12 de xullo, desde ás 21:00 horas, na carpa do Porto de A Guarda
Chega a XIII edición do Rock Guardés, desta vez volverá a celebrarse en sábado, o día 12 de xullo coma sempre na carpa do Porto da Guarda dende as 21:00h., con gran ambiente musical, postos de merchandising e barra de bebidas.
Despois de trece anos o xa consolidado festival dará a oportunidade saltar o escenario a novas bandas da vila xunto con algunha banda veciña que de boa gana montarán unha gran festa. Se tes unha banda e queres actuar con ela no Rock Guardés so tes que porte en contacto con nós mediante mensaxe privada.
Para a edición de 2014 xa están confirmadas as bandas:
Asegún
Terader
The Javi Bombín Experience
Looking Forward to Freedom
AVE
Helen & Shanna
Jean Paul
Festival organizado polas Festas do Carme 2014 e Éxfico art dis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario