30 de xuño de 2014

TUI

III  SUBIDA MONTE ALOIA – ROMARÍA DAS ANGUSTIAS  

 

CLUB DEPORTIVO ANDATUI / Tui

  O vindeiro sábado día 5 de xullo, ás 20.00 h. celebrarase a III Romaría das Angustias, unha camiñada cun percorrido de 10 quilómetros dende o Paseo da Corredoira ata a capela de San Xiao no cume do monte Aloia.  

  O remate celebrarase unha cea e festa  a carón da capela de San Xiao.  

  Despois da cea, procederase á entrega de premios do III concurso fotográfico da Andainatudense.  

  Finalizadas as actividades previstas, a baixada do Monte Aloia correrá de conta dos participantes, se ben é posible tamén acampar na zona habilitada ó efecto no propio Monte.  

  Tamén é posible participar só na cea.  

  Prezo: 9€ por adulto e 5€ para menores de 14 anos  

  Data límite de inscrición: vindeiro mércores 2 de xullo.

  Organiza o club Andatui-regodapedra ca colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Tui. 

  Toda información en: www.andatui.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario