29 de xuño de 2014

OPINIÓN

Paduanos

Francisco Castro
 A mín fíxome galegofalante a Universidade. Non o ensino infantil nin a EXB nin o BUP. Foi na Universidade á que cheguei no ano 1984 con todos os meus prexuízos sobre o galego e a súa condición noxenta (“de paduanos” dicía un meu tío). Alí, para a miña sorpresa, a Ciencia falaba en galego. Señores que asinaban libros gordísimos, falábanme nas aulas en galego sempre. Non eran paduanos. Eran sabios, estudosos, científicos, investigadores, que o facían así e sen dar explicacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario