14 de maio de 2014

MOVEMENTOS SOCIAIS

Queremos Galego fai un chamamento para que o Baixo Miño se sume o Día das Letras Galegas á manifestación convocada en Vigo




O vindeiro sábado, 17 de Maio, a Plataforma Queremos Galego fai un chamamento a multiplicar por oito a defensa da nosa lingua e convoca simultaneamente oito mobilizacións expansivas que se van realizar nas sete cidades galegas e en Foz, baixo o lema “Un paso adiante, e outro ADIANTE, Galiza! Defendamos o noso idioma”.

A Plataforma do Baixo Miño anima a toda a xente que ame a lingua galega a participar na manifestación que partirá ás 12h. da mañá da Vía Norte de Vigo. 

Para facilitar a asistencia disporán de autobuses dende a comarca para os que se pode reservar praza no teléfono 986 610 465.

Dende Queremos Galego salientan que “a sociedade galega protagonizou nos últimos tempos as maiores manifestacións en defensa dunha lingua que se deron en Europa e, até onde sabemos, no mundo” e confían en que as manifestacións e concentracións do próximo Día das Letras “continúen nese camiño, sendo unha nova mostra masiva de dignidade”.


Ningún comentario:

Publicar un comentario