O CONSELLO DA CULTURA GALEGA ORGANIZA ESTE RECITAL O VINDEIRO DíA 16
O Concerto das Letras repasa a historia da música desde Lugo
Celebrar o Día das Letras Galegas cun concerto é xa unha tradición do Consello da Cultura Galega. Por cuarto ano, a entidade programa para o vindeiro 16 de maio un recital en Lugo no que se explorarán os vencellos da música culta coa literatura do país. A Real Filharmonía de Galicia, o grupo vocal Sólo Voces e o coro Collegium Compostellanum, dirixidos por Maximino Zumalave, interpretarán un repertorio no que se inclúe a estrea mundial dunha versión musicada de Penélope da man de Octavio Vázquez.

Ningún comentario:
Publicar un comentario