TRIBUNA ABERTA
O GOBERNO MUNICIPAL XA LOGROU INFORMARSE DO IMPRESENTABLE ESTADO DA BEIRARRÚA DA PRAZA DE AVELINO VICENTE
- As valas "comodín" así o semellan indicar. Agora a ver cando se dignan dar ás instruccións para reparar os desperfectos existentes
Anselmo Martínez Pena / A Guarda
02/04/2014
Apenas dous días despois de facer públicamente a denuncia (Foto 1), vistas ás fotos, dánse conta nas dependencias do goberno local que se patearan ás rúas e deixaran os coches descansar, decataríanse moito antes do mal que andan as cousas no pobo, e non sería necesario que os veciños se queixasen. Un mes ou máis despois, que é cando cansados de esperar, toman conciencia de que ás autoridades nin se decatan do que pasa no pobo por estaren pechados nos despachos e non sair a patear as rúas.
Mirando a foto 2, dámonos conta de que, polo de pronto, xa sabemos que están enteirados. Agardaremos a súa reparación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario