31 de mar. de 2014

FIGUEIRÓ (TOMIÑO)

"CRUZEIROS E CRUZES DE PEDRA NA ARTE POPULAR DO  BAIXO MIÑO GALEGO E DO ALTO MINHO PORTUGUÊS"

Conferencia de Castro Guerreiro


Infogauda / Figueiró

 A Universidade Sénior de Cerveira (INISÉNIOR), organiza unha conferencia sobor do tema "Cruzeiros e cruzes de pedra na Arte Popular do Baixo Miño Galego e do Alto Minho Português", a cárrego do investigador e xornalista Castro Guerreiro, que terá lugar o sábado día 12 de abril, ás 19:00 horas nas instalacions do Santuario de San Campio de Lonxe, da parroquia de Figueiró (Tomiño). 

 A devandita conferencia contará con unha actuación de apertura e posterior peche do acto, a cárrego da Tuna da Universidade Sénior de Cerveira, dirixida polo profesor Euclides Rodrigues.

 Colabouran: Concello de Tomiño, Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e Parroquia de Figueiró.

Ningún comentario:

Publicar un comentario