23 de mar. de 2014

DEPORTES

VARIOS DEPORTISTAS DO CLUB SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA PARTICIPARON NO CROSS INTERNACIONAL DE VIANA DO CASTELO

- Tamén houbo representación deste club no XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia


  Sociedade Atlética do Trega / A Guarda

 Varios atletas participaron esta fin de semana no Cross Internacional de Viana do Castelo (Portugal). Participaron Ariana González Verde, Rosendo Fernández e Vania Fernández.




  Ariana González acadou a sexta posición con un crono de 23´20”; Vania Fernández a sexta posición con un tempo de 5´39” e Rosendo Fernández a 13ª posición con un crono de 9´07”.

 No 37 campo a través de San Miguel de Oia,  Alex Sierpes acadou o segundo posto e seu irmán Cristian Sierpes acadou o terceiro lugar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario