II BANDEIRA DE BATEIS LAVANOVA
Hermelindo Martínez González / A Guarda
Onte celebrouse en O Grove, a II Bandeira Lavanova de Bateis, cunha tarde desapacible, con vento e choiva, que dificultou as regatas ata ó extremo de que na tanda Senior masculino, as embarcacións da segunda tanda acabáronse impoñendo as da tanda primeira, nunha especie de bucle, na que calqueira cousa era posible.
As embarcacións de Robaleira fixeron un aceptable papel, ó acadar os infantis a cuarta posición tras ser penalizados con 10", a tripulación Cadete subiu un posto acabando sexta, e a tripulación xuvenil caiu a cuarta praza da sua categoría.
Mais fotografias e resultados na páxina do Club.
Ningún comentario:
Publicar un comentario