17 de mar. de 2014

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA

O 50% dos traballadores de San Xerome asinan un comunicado clarificando a súa postura, que dista moito da que se ten publicado no seu nome pola CIG

Os/As traballador@s do Centro San Xerome abaixo firmantes manifestamos libremente:

1. A  nosa desconformidade coas accións e declaracións da CIG e os seus/as súas representantes sindicais no Centro San Xerome ao respecto do “conflito” polo que atravesa a Asociación. Declaramos que os comunicados informativos que a CIG fai “en nome d@s traballador@s do Centro San Xerome” non representan en ningún caso a nosa opinión.

2. Que nunca sentimos nin fomos testemuñas de represión sindical hacia ningún/ningunha compañeir@. Traballamos nun ambiente cordial, respetuoso, e profesional centrado na misión da Asociación para cos seus/as súas  usuari@s, e que as declaracións públicas da CIG afirmando que estamos “amedrentad@s” fronte a unha xerencia hostil e opresora son afirmacións falsas, ridículas e ofensivas que entendemos que atenden exclusivamente a unha campaña demagóxica de desprestixo, que persegue confundir e sementa-la dúbida en usuari@s-familias, traballador@s, soci@s, colaborador@s-voluntari@s e na sociedade en xeral.

3. Denunciamos a mais absoluta pasividade por parte d@s nos@s representantes sindicais fronte as nosas demandas como traballador@s, e que veñen demostrando unha clara actitude negativa e intransixente cando se trata de chegar a acordos importantes dos que depende a sostenibilidade deste Proxecto Social co que nos sentimos implicad@s de maneira sincera e ilusionante.

  
A Guarda, 17 de Marzo de 2014


Nota da Redacción de Infogauda:
No día de hoxe, luns día 17 de marzo de 2014, recibimos o comunicado que vimos de reproducir íntegra e literalmente, así como copia do documento escaneado coas sinaturas dos traballadores que suscreben o devandito comunicado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario