A DEPUTACIÓN DESTINA 20 MILLÓNS DE EUROS AOS CONCELLOS NUN PLAN DE ACTUACIÓNS URXENTES PARA PALIAR OS DANOS DO TEMPORAL
Trátase de 2 liñas
de subvencións para a contratación de operarios e para investimentos en
infraestruturas e servizos municipais
·
Está prevista a contratación
de 800 operarios, aos que a Deputación Provincial cubrirá todos os custes
salariais, incluída a Seguridade Social
·
Rafael Louzán reunirase coa
xefa provincial de Costas para cooperar nun plan destinado a paliar os danos
rexistrados nas infraestruturas costeiras
A Deputación de Pontevedra
activou, na súa Xunta de Goberno desta mañá, un plan de actuacións urxentes
para que os concellos poidan facer fronte de inmediato, entre outras
actuacións, ao deterioro que as infraestruturas municipais sufriron como
consecuencia dos sucesivos temporais e dos máis de dous meses de mal tempo que
se están a rexistrar na provincia.
O presidente da Deputación
informou en rolda de prensa que a Administración provincial destinará 20
millóns de euros a dúas liñas de axudas e subvencións aos concellos para que
poidan contratar operarios e realizar investimentos na mellora de
infraestruturas.
Destes 20 millóns de euros,
15 irán destinados a axudas para a realización de obras prioritarias e co
obxectivo de dar resposta á imperiosa necesidade que nestes momentos teñen os
municipios de reparar os danos que o mal tempo ocasionou en infraestruturas e
servizos básicos.
Os concellos disporán de 30
días desde a publicación das bases deste plan para solicitar acollerse a el.
En canto aos 5 millóns
restantes, serán para a contratación de 800 operarios, aos que a Deputación
Provincial lle cubrirá o custe salarial completo, incluída a Seguridade Social.
A distribución dos operarios
realizarase en función da poboación do municipio e os concellos deberán
destinalos á realización de tarefas necesarias para o bo funcionamento dos
servizos ou que sexan fundamentais para a mellora da calidade de vida dos
veciños.
Rafael Louzán recalcou que
se trata dunha medida coa que se quere dar resposta a unha demanda que os
gobernos municipais lle están trasladando á Deputación nas últimas semanas,
ante o deterioro de moitas infraestruturas e servizos municipais.
Así mesmo, o presidente da
Deputación anunciou a próxima activación dun plan de actuacións no litoral,
para a recuperación de espazos danados polo mal tempo na costa da provincia, e
que se concretará nunha xuntanza que coa xefa provincial de Costas do Estado
que terá lugar o vindeiro martes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario