21 de feb. de 2014

PONTEVEDRA

 Homenaxe a José Mato en Pontevedra

  A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia (FPX-CCOO) renderalle o próximo venres, día 21, unha homenaxe ao compañeiro José Bernardo Mato San Martín, recentemente falecido. O acto de lembranza, que presentará Mercedes Márquez, comezará ás 11 h na Fundación Novacaixagalicia de Pontevedra.

 Tomarán a palabra o secretario xeral comarcal, Xosé Luís García Pedrosa; Luís Alfonso Camiña no nome do sindicato comarcal de pensionistas; José Guirao en representación do Partido Comunista de Galicia; Charo Valcárcel Mato no nome da familia do homenaxeado; o secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión; e, finalmente, o secretario xeral da FPX-CCOO, Carlos Mella.

Ningún comentario:

Publicar un comentario