‘THE WINNING NUMBERS’ GAÑA O QUEIXO MAQUETÓN 2014
O grupo da Guarda ‘The Winning Numbers’ convértese nos gañadores da VI Edición do Concurso de Maquetas ‘Queixo Maquetón de Arzúa
O grupo da Guarda ‘The Winning Numbers’ convértese nos gañadores da VI Edición do Concurso de Maquetas ‘Queixo Maquetón de Arzúa. Este ano bateu por sexto ano consecutivo todas as marcas de participación, ao presentarse 263 bandas chegadas dende todas as comunidades autónomas do Estado. Catro anos despois, un grupo galego volve a gañar o Maquetón!
The Winning Numbers son un grupo con claras influenzas pop sixties con referentes claros e tan clásicos como poden ser The Beatles, The Kinks ou The Remains. A banda nace en 2009 e desde ese momento lánzanse a composición sen complexos, tratando de abarcar todos os públicos posibles con temas de calidade, melodías pegadizas e un ritmo desenfreado que invita a bailar.
En 2013 gravan o seu segundo EP “Are Back!” que lanzan en decembro, de novo autoeditado e financiado polos seus seguidores mediante un proxecto de Crowdfunding. Esta vez vanse a Xixón xunto con Jorge Explosión nos estudios Circo Perrotti e gravan totalmente en analóxico, cun equipo da época seis temas novos, cun son puramente dos anos 60, editando en formato vinilo para acadar ese son puro.
Unha parte esencial para a banda son os seus directos, neles interpretan do xeito máis fiel as súas cancións, resultando un show ameno e divertido, con momentos álxidos, bailables, emotivos, coreables… xunto cunha posta en escena do máis acorde co seu estilo musical.
The Winning Numbers actuarán o sábado 1 de marzo ao fío da 1 e 15 da madrugada dentro da 39ª Festa do Queixo, e levarán como PREMIO 1.000€, xunto cos 400€ en concepto de desprazamento e estancia na nosa vila.
O concurso abría o prazo de inscrición o pasado 10 de novembro e pechábase o 30 de xaneiro. Contou como membros do xurado con:
Arturo Vaquero, músico, produtor e director dos estudios Abrigueiro de Friol; Alberto Alfonso, responsable de Art Music Agency; Jesús Bermúdez, impulsor do Festival Independente de Vilalba, e Jose Ramón Bernárdez, o responsable do propio concurso maqueteiro.
VÍDEOS
The Winning Numbers When She Was Sixteen (Video Oficial)
The Winning Numbers Beatman (Video Oficial)
The Winning Numbers Doo Wop (Acoustic Live Sessions)
The Winning Numbers Summer Love (Acoustic Session Art Café)

Ningún comentario:
Publicar un comentario