5 de feb. de 2014

GOIÁN

MUD abre un novo ciclo de cine, este xoves, no cineclub Poleiro

  Este xoves, 6 de febreiro, o cineclub Poleiro proxecta MUD, con guión e dirección de Jeff Nichols, no auditorio de Goián ás 21:30 horas.

  Cineclub Poleiro / Goián

  Unha película de cine independente de EE.UU., cualificada como drama de aventuras no que o director explora o paso da adolescencia a idade adulta e os códigos da honra o amor e a familia.

  Conta a historia de dous mozos que descubren a un fuxitivo chamado Mud que se agocha nunha illa do Mississipi. Matou a un home para protexer ó amor da sua vida, Juniper, e agora escóndese dos cazadores de recompensas. Os mozos deciden axudarlle a reunirse con Juniper e preparar a fuxida xuntos, sen saber, que eso, vai representar o fin da sua infancia.

  O xoves, 6 de marzo, a elexida é a multipremiada Gloria, unha producción chilena dirixida por Sebastián Lelio.

  Conta as peripecias de amor e desamor de Gloria. Ten 58 anos e está soa. Para compensar o vacío, enche os días de actividades e pola noite busca o amor en festas para solteiros adultos, donde só consegue perderse nunha serie de aventuras sen senso. Esta fráxil felicidade na que vive altérase cando coñece a Rodolfo, un home de 65 anos, recentemente separado que se obsesiona con ela. O que podía resultar fermoso non o é tanto.

  En San Sebastín acadou o Premio Cine en construcción e nos Goya, foi nominada á mellor película hispanoamericana, entroutras conquistas.

  O 3 de abril, o turno é para Hasta la vista, unha película belga, dirixida por Geoffrey Enthoven. Espiga de Ouro na Seminci de Valladolid, Mellor película no Festival de Montreal e Premio do público á mellor película europea nos premios do Cine europeo.

  A historia é comedia e drama. Conta a avanetura de tres mozos belgas que aman o viño e as mulleres, pero que nunca tiveron a oportunidade de intimar cunha muller, veñen a España coa esperanza de perder a virxinidade. A coartada, un itinerario enolóxico. As suas discapacidades, un é cego, outro precisa unha silla de rodas e o terceiro é tetrapléxico, non lles van impedir acadar o seu obxectivo.

  O ciclo remata con A vida de Adèle, o xoves 8 de maio , película francesa dirixida por Abdellatif Kechiche. Palma de Ouro en Cannes 2013. Unha adaptación da novela dráfica BLUE, de Julie March.

  Aos 15 anos Adèle non ten dúbidas sobre que unha moza ten que sair con mozos pero ten problemas sobre a súa sexualidade. Coñece e se enamora doutra moza e ahí comenza a súa confusión e á incomprensión do entorno.

O BONO PARA AS CATRO PELÍCULAS CUSTA 10 EUROS
O Cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario