O pleno da Guarda aproba unha moción do BNG en apoio ás persoas autónomas e pequenas empresas
“O acordo demanda unha reforma fiscal máis xusta que grave aos que máis teñen, grandes empresas e grandes fortunas”
Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego presentou no pasado pleno ordinario de xaneiro unha moción en contra da suba das tributacións das persoas autónomas e das pequenas empresas. A moción foi aprobada coa abstención do Partido Popular.
O Goberno do estado do PP vén de aprobar un considerábel incremento das cotizacións mínimas para as persoas autónomas que contan con 10 ou máis traballadores. As implicacións desta suba serán a de dificultar a recuperación económica para persoas autónomas e pequenas empresas, mesmo contrubuír a unha maior desaparición de pequenes empresas, mentres se limita a súa capacidade de xeración de emprego, principal problema económico na Galiza e na Guarda.
“Este acordo deixa fóra de xogo ao un PP que parece que a crise non vai con el. O PP terá que explicar ao pobo da Guarda a súa postura, nun momento no que se pechan portas de pequenos comercios e empresas, mentres as grandes corporacións sacar insultantes beneficios”, comentou Xan Lois Lomba Alonso, concelleiro do BNG.
O acordo plenario demanda do Goberno do estado a aprobación de reformas lexislativas necesarias de cara a promover unha reforma fiscal verdadeiramente progresiva, que grave ás grandes fortunas e grandes empresas, persiga o fraude fiscal e non incremente as cargas sobre as persoas autónomas e pequenas empresas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario